Helvéczia – A miña experiencia – Galego – Vídeo Outremer – Español

Supoño que a maioría xa sabedes algo de Helvéczia, están actualmente nos últimos días do Verkami, a piques de cumprilo! Aínda estades a tempo de participar.

Helvéczia

Esta semana tiven a oportunidade de xogar unha breve sesión da aventura Siete Bribones que comparten no Verkami como introdución.

Partida sin spoilers

Nesta sesión un grupo de 3 personaxes sairon para unha “travesía” por un perigoso bosque e tiveron que afrontar algún problema, agora agardan que un cuarto compañeiro que quedara rezagado, se lles una en breve.

Este foi o grupo seleccionado:

A trama é moi simple, como é de agardar nunha aventura introdutoria, sinxela de seguir e que permite facilmente seguir a historia e meterse nela. É unha aventura breve na que o grupo ten que tirar de picardía e argallar cómo resolver os problemas que se van a topando, con artimañas… ou violencia.

Sistema

O sistema é sinxelo de comprender, un sistema d20, polo tanto ese é o dado que se empregará para as tiradas de accións. Sumarase o modificador correspondente e o corte da tirada “base” será 12 para acadar a consecución mínima do obxectivo salvo que sexa un reto maior, claro.

As fichas son sinxelas e segundo a cultura de orixe e as catro categorías (estudante, clérigo/a, vagabundo/a e guerreira/o) vanse formando as bases da personaxe. Teñen tamén as súas habilidades e maxias aínda que cun uso limitado, estamos falando dun uso á semana, por exemplo. Isto fai asumilas dende outra perspectiva.

Conclusión

A miña experiencia foi positiva: sistema sinxelo e aventura introdutoria simple, na que rapidamente te metes na pel da túa personaxe accedendo facilmente ás habilidades sen que o sistema supoña un problema á fluidez da aventura.

Xoguei pouco polo que non podo facer grandes aseveracións pero o bo rato que pasei faime recomendar este xogo.

Entrevista a Javier Fernández sobre Outremer Ediciones

Na conversa aproveitan para comentar un pouco o proxecto de Helvéczia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *