Nesta ocasión, gustaríame compartir o listado de fichas en Nivel20 que emprego na partida de Nascente da Lamia do grupo de estudantes que trae a aventura de Strixhaven.
Aínda que o grupo de estudantes é orixinal da propia campaña de Strixhaven, tiven que tomarme “licencias” na toma de decisións durante a creación da ficha, en base ó meu criterio, asuncións e pensando en cómo funcionaría na miña interpretación de cada personaxe intentando incluir variedade de clases e subclases. Polo tanto: as fichas non son canon, quero aclaralo.
¿Cómo engado as fichas á miña campaña de Nivel20? ¿Cómo copiar/duplicar fichas en Nivel20?
Só tedes que premer no botón de “Crear una copia” que aparece na propia ficha, dúas iconas á esquerda da da impresora que xera a ficha en PDF.
Unha vez feito isto poderedes seleccionar a que nivel a queredes copiar, se estades comezando a campaña, escollede nivel 1. Eu son as fichas que estou empregando na campaña polo que as irei editando, pero se escolledes o nivel 1 terá as seleccións básicas.
Agardo que vos sexan de utilidade!
Español
En esta ocasión, me gustaría compartir el listado de fichas en Nivel20 que utilizo en la partida de Nascente da Lamia del grupo de estudantes que trae la aventura de Strixhaven.
Aunque el grupo de estudiantes es original de la propia campaña de Strixhaven, tuve que tomarme “licencias” en la toma de decisiones durante la creación da ficha, en base a mi criterio, asunciones y pensando en cómo funcionaría en mi interpretación de cada personaje intentando incluir variedad de clases y subclases. Por lo tanto: las fichas no son canon, quiero aclararlo.
¿Cómo añado las fichas a mi campaña de Nivel20? ¿Cómo copiar/duplicar fichas en Nivel20?
Solo es necesario pulsar en el botón de “Crear una copia” que aparece en la propia ficha, dos iconos a la izquierda de la de la impresora que genera la ficha en PDF. Una vez hecho esto podéis seleccionar a que nivel la queredes copiar, si estáis empezando la campaña, seleccionad nivel 1. Yo estas fichas las estoy utilizando en la campaña por lo que las iré editando, pero si elegís el nivel 1 tendrá las selecciones básicas.
O Nascente da Lamia é unha Universidade Máxica situada en Arcavios Galaicos. Este é un territorio neutral, no que as rivalidades entre razas, territorios, incluso entre escolas máxicas, deben deixarse a un lado.
Esta universidade énchese de gran diversidade de estudantes de todas as orixes, identidades e condicións cada ano, co obxectivo de aprenderen, ampliaren ou melloraren nos seus estudios e desempeño máxico, sen deixar atrás os deportes, as artes e o crecemento social e persoal.
Fundación do Nascente da Lamia
Esta universidade foi fundada por 6 criaturas galaicas:
Unha criatura engaiolante, con poder de encantamento e afinidade coa natureza, con tétricas lendas de dor e medo ás súas costas.
A Lamia foi a ideadora final do Nascente que a refire, sendo áxil na proposta, sendo perceptiva de todos os beneficios que podería darlle tales alianzas e un pacto por proved dun lugar de encontro e saída a coñecemento almacenado por tan diversas ccriaturas ó longo dos anos.
A maioría das criaturas máxicas de Galaicos actúan de forma individual e independente, tampouco organizándose ou colaborando con criaturas semellantes, razón que volve todavía máis excepcional o nacemento desta universidade.
Todas estas criaturas acabaron atopándose, hai 700 anos, rivalizando polo poder, por terreos e disputas moitas veces herdadas. Agora ademais querían facerse con aprendices de maior nivel para que lles axudaran nas súas adquisicións persoais de coñecemento. En vista da incompatibilidade dos seus desexos acordaron un encontro no que saldar as súas diferenzas. Todas as criaturas reunidas espuxeron os seus puntos, a valía do coñecemento relacionado coas súas áreas, creando balbordo e subindo cada vez máis o tono, ameazas… Atopábanse preto do nascente dunha lagoa habitada por unha Lamia que descansaba tras alimentarse. Non podendo descansar optou por interromper a disputa e, nun inicio, unirse a ela. Sendo consciente de que ningunha parte cedería ante as oturas e de que esa disputa sería interminable e podería derivar nunha batalla que destrozaría o seu fogar, optou por propoñer un lugar no que non só se estudanse todas esas áreas de interese de cada criatura, senón que puideran unhas aportar ás outras, permitiendo que o coñecemento fora máis diverso e sólido, mais co compromiso de respectar o lugar como neutral, deixando atrás as rivalidades. Eran criaturas ambiciosas e intelixentes, sabían que era unha opción que permitiría que volveran ós seus estudos e difusión do coñecemento o antes posible, polo que acordaron que a Lamia sería a árbitra e mediadora, sendo imparcial. Acordaron que ese lugar era o idóneo, ese lago, ese Nascente o para reafirmar a futura colaboración entre as escolas, optaron porque a Universidade fora denominada Nascente da Lamia. Aceptou atraída tamén polo poder que iso lle outorgaba e a capacidade de obter con facilidade tantos tipos de coñecemento e adquirir unha gran notoriedade, así naceu o Nascente da Lamia.
Como símbolo do seu compromiso todas as criaturas compartiron as súas habilidades entre si. Neste momento 5 poderosos vórtices de maná xurdiron do ceo, dise que foi debido á colisión de dous mundos opostos, cuxo maná incrementou as habilidades das criaturas, xerándolles dous extremos opostos do seu poder; poder que acabarían converténdoas en símbolos máxicos Arcavios Galaicos. A Lamia non recibiu ningún deses vórtices pero estaba posicionada no centro nese momento e actúa como axente estabilizador deses grandes cúmulos de maxia.
No intercambio de poderes, a Lamia concedeulles a habilidade para poderen convertirense, coma ela, en dragóns e dragonas. Esa é a forma que adoptan ó viaxar a outros planos, criaturas poderosas, temidas e identificables e, por iso, en moitos planos pénsase que o Nascente foi fundado por un grupo dragón, máis nada máis lonxe da realidad, só media dragona forma parte da súa fundación.
📜 Escola Vestixios da maxia – arqueomancia [Escoler Lorehold-Sapiéntium]
Escoler é unha especie de nubeiro, polo que ten control sobre o ceo, os raios, o aire, as treboadas… o que lles dá gran poder de destrución do que gozan con crueldade e capricho, en ocasións para poñer a proba o seu poder. O que distingue a escoler do resto de nubeiros é a súa sabedoría, as ansias de coñecemento, e as de Escoler Lorehold-Sapiéntium eran tan elevadas que o fixeron deixar nun segundo plano o seu gran poder climático para centrarse en ampliar os seus coñecementos. Deuse conta que permitir que outras criaturas aprenderan permitía abarcar máis cantidade de coñecemento e, sobre todo, máis áreas nas que poder atopar civilizacións antigas, obxectos antigos… toda esta información parecíalle fascinante.
Esta escola está centrada na arqueomancia; a investigación do pasado, das antigüidades na procura do coñecemento, aprendendo da historia previa.
A súa dualidade exprésase no caos e na orde, asociadas antigamente ó vermello e ó branco e na actualidade ó dourado e ó branco.
🩸Escola Transcendental – Esencia [Vedoira Mustia Witherbloom-Flosmarcitus]
O destino transformou a vida de Mustia, nada maldita, con poderes adiviñatorios: ver vir a morte allea, xunto á capacidade de sanar certas doenzas e de dar con almas perdidas e poder guialas evitando a procesión de ánimas da Santa Compaña.
Custoulle afacerse a tales capacidades pero aprendeu os beneficios que poden darlle, adquiriu coñecementos sobre a vida, sobre a morte, que poden axudar a outras criaturas a comprendelas, a valorar ese velo proceso trascendental e poder facer eses coñecementos.
Imaxe: autoría non identificada.
Esta escola está centrada na trascendencia; vida e morte, crecemento e decadencia, orixe e fin.
A súa dualidade exprésase nas raíces e nas veas, asociadas antigamente ó negro e ó verde e na actualidade ó negro e ó vermello.
🪄 Escola Artes Elementais [Meiga Prismari]
Meiga Prismari acadou gran habilidade no dominio das artes elementais e foi nun parlamento de meigas cando percebiu que, como meiga, moitas máis habilidades están o seu alcance. As súas compañeiras ensinárona e ela a elas, así ampliou os seus coñecementos pero considera que perdeu moitos anos de estudo e mellora. Cree que debería haber un lugar de encontro no que a xente se reuna para recoller o coñecemento comunitario e compartir o propio.
Imaxe: autoría non identificada.
Esta escola está centrada nas artes elementais; lume, auga, aire, terra, relámpago, calor e frío.
A súa dualidade exprésase na perfección e na expresión, asociadas ó azul e ó vermello.
🍀 Escola Natureza e equilibrio – Numeromancia [Moura Quandrix]
Moura Quandrix, xunto a outras compañeiras, é parte da natureza, parte creadora dela, dos lagos, as pedras, as árbores, coñece a importancia do equibrio.
Non todas as criaturas teñen estes coñecementos e danan a terra, son inorantes ou arrogantes. Ela considera que amosando, ensinando, poden darse de conta das implicacións do seu descoñecemento e da sua autodestrución. Ensinar a todas as criaturas posibles sobre a importancia do equilibrio e coñecer e coidar da natureza é un coñecemto básico que debería ter calquera e reunírense para aprender e melloraren eses coñecementos, puidendo ser parte creadora e coidadora tamén da natureza.
Imaxe: autoría non identificada.
Esta escola está centrada na numeromancia; a unión das matemáticas e a natureza.
A súa dualidade exprésase na teoría e na realidade, asociadas antigamente ó azul e ó verde e na actualidade ó azul e ó dourado.
👁️🗨️ Escola Elocuencia [Responsadora PlumaPrateada Silverquill-Plumarcéntum]
PlumaPrateada, como o resto de responsadoras e responsadores, acadou o seu recoñecemento grazas ás súas habilidades para a negociación, a expresión, foi aclamada polo seu entorno. Foi cada ano máis consciente das dificultades que outras criaturas tiñan para expresarse e cómo isto afectaba en que foran escoitadas tamén en sucesos importantes, vitais, cómo os problemas de expresión impedían o avance, impedían evitar erros. Tras tantos anos de experiencia decidiu que precisaba asegurar de que as seguintes xeracións souberan expresarse mellor, precisaba difundir os seus coñecementos como fora.
Imaxe: autoría non identificada.
Esta escola está centrada na elocuencia; as habilidades de retóricas e oratoria.
A súa dualidade exprésase na luz e as nas sombras, asociadas ó branco e ó negro.
Notas: · Selección da mitoloxía galega empregada en colaboración con YS.animart. · Logos deseñados por YS.animart e dixitalizados por Alejandro Polina. · Adaptación da aventura de Strixhaven á ambientación galega.
A Lamia é a criatura que dá nome a esta web. Como se comenta na entrada de presentación, o logo foi creado por miña irmá e, nesta entrada de ano, vou inicialo presentando a imaxe da Lamia como personaxe, feita por ela mesma.
Como indiquei na primeira entrada, a Lamia é unha criatura mitolóxica que aparece en diversas mitoloxías, na galega, a Lamia, ou Lumia son criaturas malignas, fermosas, con medio corpo de dragona e medio corpo de muller. Viven en covas e hai lendas que din que encantan homes infieis coas súas cancións e lles chuchan o sangue.
Monstro composto por corpo dragón e face de muller, en xeral de gran fermosura. Adoitan estar vinculadas ó folclore dos castros debido á súa capacidade para faceren encantamentos, viviren en covas e causaren diferentes danos (similar ás mouras), emitiren cantos engailadores (similar ás sereas), zungaren sangue (similar ás meigas chuchonas, incluso co vampirismo). Dise que son invocadas nos ríos e tamén se vinculan con formas acuáticas como peixes ou parrulas. Algunhas lendas foráneas falan de que foi amante dun poderoso deus, e a súa parella, en vinganza matou ás crianzas da Lamia que, entolecida, foi asociada a zugar sangue infantil e asasinatos. (Galicia inmaterial. Galicia máxica : Casteleiro Santos, José Luis, García Seoane, Miguel, Sardiña, Carlos: Amazon.es: Libros)
A creadora é a miña irmá, chámase Yas. Si, si, Jes e Yas un momento de inspiración de miña nai e meu pai sen fin ��,
Se queredes ver máis das súas creacións, aínda que non as fai profesionalmente a pesares da súa habilidade, podedes acceder ao seu perfil de Instagram.
A maioría dos seus debuxos son con técnicas tradicionais (lápis, ceras, acuarelas, etc.) e agora está probando coas dixitais. Tamén experimenta con algo de cerámica e ganchillo (tentada por min ��).
O contido é bastante diverso: anime, videoxogos, D&D, animais, mitoloxía, debuxos personalizados, etc. Alí podedes ver, por exemplo a Vivi do FFIX ou a Erwin Smith de Shingeki no Kyojin.
As súas creacións naceron da súa afición e interese artístico, comezou a compartilo recentemente por diversión, así que calquera persoa interesada será ben recibida na súa conta. É moi riquiña, como non pode ser de outro modo ��.
Se queredes utilizar os seus deseños ou as súas imaxes con fins non comerciais debedes facer atribución da súa autoría; para fins comerciais poñédevos en contacto con ela.