Hai uns dias días dirixín esta aventura que atopei en Sinergia de rol, e creada por Unidos por el crítico.
Para a súa dirección fixen algunhas adaptacións e material de apoio que me gustaría compartir.
No noso caso dirixina en presencial, 5 xogadoras/as e nos levounos 4.5h.
Esta aventura trata sobre persoas que, en principio, non se coñecen entre si pero se reunen no que parece ser un pesadelo. Atópanse nun sanatorio mental para criminais e dalí terán que enfrontarse a horrores e ao dilema moral de se cruzar a porta 666.
O material de apoio que creei son 5 follas de personaxe para Zero e os mapas da aventura.
Material de apoio. 5 Fichas de Personaxe en Galego adaptadas a Zero Arquetipos.
A aventura orixinal eran 4 personaxe polo tanto aquí se inclúe unha extra que é unha monxa. O PDF non está maquetado pero están separadas as fichas:
Julius Aldrich, Policía
Problemas para durmir. A placa derríteseche, quítanse o uniforme e s aarmas, es expulsado do corpo.
Situación actual. Notas anónimas de Broadmoor ameazan con espertar desvelar un segredo familiar. Estiveches hai pouco investigando a morte dun cativo de 1 ano, entrevistaches hai pouco a unha cociñeira chamada Sarah.
Aparienza. Policía medio de barrio.
Qué ocultas. Unha familiar túa estivo no sanatorio criminal de Broadmoor. Temes que o descrubran.
Camiño: Desexas averiguar quén te ameaza e rematar con ese problema, así como o rastro desa familiar.
Ficha: Medo á soidade
- Pelexa
- Gracioso
- Sexto sentido
Sarah Bradbuury, Cociñeira
Problemas para durmir. Sollozos e llantos dun neno deforme que te sinala co dedo, chámate culpable.
Situación actual. A policía foi hai pouco investigar a morte dun neno. Para o policía Julius es unha das sospeitosas.
Aparienza. Cocñeira de luxo.
Qué ocultas. Provocaches a morte do cativo da casa, de 1 ano. Morreu por reaccion alérixca pero fixéchelo pasar por atragamento. Sabes que es unha asasina.
Camiño: Precisas redimir a culpa e perdoarte pero non sabes cómo. Quizais o señor poida axudarte.
Ficha: Protectora
- Cociña
- Inventiva
- Perceptiva
Lu Jones, Rateire
Problemas para durmir. Pesadelo recorrente: córtanche as mans cunha gran machada enormes siluetas.
Situación actual. Enviaches ameazas a un axente chamado Julius e a un home chamado Kass que vive pola zona. Se non che pagan prontamente, revelarás o seu segredo familiar: o policía ten familia nun sanatorio criminal e ao machote do carniceiro gústanlle os homes.
Aparenza. Tipe con mal aspecto que vive nas rúas.
Qué ocultas. Sínteste criminal de pouca monta, que rouba e ameaza.
Camiño: Desexas cartos para poder saír da pobreza e das rúas.
Ficha: Falta de cariño
- Roubo
- Ameazante
- Veloz
Kass Smith, carniceiro
Problemas para durmir. Pesadelo recorrente: vistes roupas femininas sobre os teus poderosos músculos. Unhas criaturas búrlanse, ata que pasan ás mans e te apedrean ata a morte.
Situación actual. Teu pai quere que herdes a carnicería, está moi orgulloso. Hai pouco recibiches ameazas. Se non pagas desvelarase o teu segredo.
Aparenza. Home musculoso, carniceiro de barrio dedicado.
Qué ocultas. Tes interese nos homes, sobre todo policías, non nas mulleres. Odias o teu traballo.
Camiño: Desexas evitar que se descubra a túa condición e viaxar a Francia para montar unha perfumería.
Ficha: Medo a ser quen es
- Cortar carne
- Atractivo
- Cabezazo aturdidor
Sor Anastasia, Monxa
Problemas para durmir. Pesadelo recorrente: estás espida en medio do convento, todas te miran con desprezo por impía. A nai superiora dáche unha hostia que che fai vomitar sangue ata que morres.
Situación actual. Hai tempo que viches a Lu dende o convento. Encántache o que ves. Tratas de ser fiel ao Señor.
Aparienza. Monxa recatada.
Qué ocultas. Hai instintos básicos que te esperta Lu. Fantaseaches con bicar os seus beizos e ver o seu corpo sen cubrir.
Camiño: Desexas rematar con eses desexos pecaminosos e ser unha boa monxa Ou todo o contrario.
Ficha: Autrocontrol
- Fiel ao Señor
- Bo oído
- Silenciosa
Material de apoio. Mapa.
A aventura inclúe mapa pero non se axeitaba ao descrito na aventura así que creei un mapa e Zupe pasouno a dixital. Aquí podedes atopalo:
Planta Baixa:

Primeira Planta

Soto


