Sesión 21. E veña, máis arañas… – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión21. E veña máis arañas…

— Perspectiva de Silge

Seguimos a nosa aventura, traizoadas por Buppido e aínda asimilando a situación trala perda de “Lucerito”. Só vemos dous posibles camiños, volver atrás á tumba de Brisis ou escalar 40 pés ata un oco no teito polo que sospeitamos que fuxiu Buppido. Hemez comenta que o oco que hai no teito leva a uns túneles que van dar á cidade. O seu consello, como de costumbre, é que voltemos ó barco e entremos en Gracklstugh a través do porto (e aproveitando facer negocio con algún de nós, supoñemos). Entre as ganas de vinganza e a pouca confianza que temos en Hemez escollemos perseguir a Buppido a través dos túneles.

A escalada ten un resultado bastante desigual. Kanelitah é a primeira en intentalo e coa axuda de Farlee consegue escalar a parede dun chimpo colgándose dos restos dunha telaraña para subir os últimos pés que lle restan. Entrando nos túneles, Kanelitah atopa un niño de arañas… a travesía non podía ser tranquila.

Oroko e Sarith conseguen subir xusto a tempo para axudar a Kanelitah co feixe de arañas que aparecen con intencións pouco amigables. Este grupo de arañas está liderado por unha un pouco diferente, máis forte, a raíña. Os constantes ataques van debilitando pouco a pouco ó grupo que se atopa arriba ata que Sarith cae inconsciente. Mentres tanto, o resto do grupo segue abaixo intentando escalar a parede sen moito éxito.

Kanelitah cae presa das telarañas da raíña mentres segue loitando incansable acabando coa vida dunha das outras arañas usando a súa ráfaga de golpes. Breina chega heroica para liberala da trampa e rápidamente se une á loita.

A raíña insiste e volve apresar a Kanelitah xusto cando Farlee chega para desequilibrar a batalla co seu conxuro descarga de lume.

Oroko cura a Sarith que estaba xa ó borde da morte e éste volve á consciencia en modo destructor. Agarrando a súa espada consegue clavala no abdome da araña que tiña enriba.

Finalmente Silge e Hemez superan a súa torpeza e conseguen escalar a parede recollendo polo camiño a Fango que estaba a ter dificultades para chegar. Quedan abaixo Jimjar e Stool agaradando que o grupo volva e os axude a subir cando a situación estea máis calmada.

A raíña lanza un último ataque e fuxe polos túneles. Silge lánzalle o seu conxuro marca de cazador con idea de poder rastrexala de xeito máis sinxelo. Sarith e Oroko conseguen dar conta da última das arañas que segue en pé e por fin chega a calma. O grupo reordénase e comezan as tarefas de estabilizar e curar feridos. Cando todo o mundo volve estar medianamente estable, axudan a subir a Jimjar e Stool para poder seguir o camiño.

Unha primeira exploración dos túneles revela que a raíña se atopa nunha sala nun dos túneles próximos. Avanzando polos túneles, o grupo chega a unha sala grande e bastante peculiar na que se atopan unhas instalacións que parecen dedicadas ó cultivo de fungos. ¿Para qué serán estes fungos? ¿Quén os cultiva? ¿A qué distancia está Buppido? Estas e outras preguntas terán resposta nas próximas sesións. !Non as perdades!

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *