
E quén veñen sendo estas personaxes
(Detalle do grupo de personaxes)
Sesión Sesión 25. Varios tratos e dúas cabezas – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.
— Perspectiva de Kanelitah —
Comezados a nosa sesión na noite, durante a nos conversa con Werz, onde ela nos explicou que tiña un traballo para nós que requeriría levar un misterioso paquete á cidade gnoma de Blinderstone e entregarllo a un tal Kazook Pickshine. Casualmente esta viaxe pasaría preto da arboreda da Luz Morta, e, ao falar do tema, Werz pareceu encantada. Tamén nos falou un pouco da cidade de Gracklstugh e dos seus distritos e xentes, e recomendounos outra pousada máis aberta a estranxeiros.
Cando Werz se marchou decidimos marchar da pusada onde nos atopábamos e ir á que ela mencionara, onde pasamos a noite máis cnfortable de toda a nosa aventura. Desafortunadamente, á mañá seguinte, algúns de nós collimos a temida enfermidade de Graznido Pulmonar, e decidimos facer algunhas compras no bazar das Espadas e marchar canto antes. Mercamos roupas, utensilios de cociña, equipos de medicina e un equipo de alquimia para Oroko, que seica se lle meteu a vena científica do corpo. Volvimos a ver a Werz e esta vez sí que quedou claro que estaba afectada polo mesmos síntomas de Sarith.
Outras xentes dentro do Bazar das Espadas estábanse a comportar de forma estraña, pero non nos deu tempo a reflexionar sobre o tema, porque en menos do que a mín mesma me levaría beber unha pinta, pasaron varias cousas que nos deixaron nunha situación ben complicada. Primeiro acusaron a Farlee de roubar, pero antes de que puideramos preguntar qué sucedera, unha gran roca caeu sobre un comerciante cercano, e o bazar sumiuse no caos. Pronto apareceu o agresor: un enorme xigante de 2 cabezas (nin unha nin 3), que comezou a lanzar máis pelouros diestro e siniestro. O meu primeiro instinto foi fuxir, pero a nosa retirada veuse interrumpida por un dos gardas da cidade, que nos acusou de roubar un bote. Para evitar ter que ter palabras coa (in)xustiza de Gracklstugh, e sen saber moi ben que facer, berrei que debiamos enfrontarnos ao xigante e dimos media volta para entrar no combate e tratar de dobregar ao bicho. Case todos conseguimos escapar, menos Sarith, que quedou na custodia daqueles matóns con chapa. Agora veremos se sobrevivimos un encontro semellate. Que Lolth lles poña a zancadilla ós nosos inimigos.
NPCs
[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]
Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca
