D&D5e – Conxurar Animais – Táboa D20

Conxurar Animais: Conxuro de Nivel 3, de conxuración

Este meigallo permite convocar espíritus feéricos en forma de bestas. A lanzadora de conxuros pode escoller entre varias opcións que relacionan valor de desafío e cantidade de bestas, mais, pola contra non ten control sobre qué criaturas aparecen, estas quedarían baixo a decisión da máster.

Imaxe de Adam S. Doyle, obtida de thisiscolossal.com

Como considero que pode axudar e, porque eu precisei facela para axilizar as sesións e darlle ese punto de aleatoriedade, creei a seguinte táboa que quizais a alguén tamén lle veña ben.

Táboa Aleatoria Conxurar Animais [D20]

Táboa Unha besta de Valor de Desafío 2 ou menor

Resultado D20Besta convocada [ou opcións entre as que escoller]
1Tirada de D20 na táboa “Dúas bestas de Valor de Desafío 1 ou menor”
2Criatura marina (tiburón cazador)
3-8Alce xigante
9-12Xabaril Xigante
14-15Oso Polar
16-18Rinoceronte
19Serpe Constritora Xigante
20Dinosaurio: Alosaurus, Quetzalcoatlus [voadora], Plesiosaurio [Marina]
Prehistórico: Tigre/sa Dentes de Sable, Uro

Táboa Dúas bestas de Valor de Desafío 1 ou menor

Resultado D20Besta convocada [ou opcións entre as que escoller]
1Tirada de D20 na táboa “Dúas bestas de Valor de Desafío 1/2 ou menor”
2-3Sapo Xigante
4-5Águia
6-7Araña Xigante
8-9Buitre Xigante
10-11León/Leoa
12-13Lobo/a Terrible
14-15Oso/a Pardo/a
16Polbo Xigante
17Polbo das Rochas
18Tigre/sa
19Tarántula Femia
20Dinosaurio: Deinonuchus

Táboa Catro bestas de Valor de Desafío 1/2 ou menor

Resultado D20Besta convocada [ou opcións entre as que escoller]
1Tirada de D20 na táboa “Dúas bestas de Valor de Desafío 1/4 ou menor”
2Tiburón de arrecife
3Cabaliño de mar
4-6Cabra Xigante
7-8Crocodilo
9-11Cabalo/Egua de Guerra
12-15Oso/a Negro/a
16-17Simio
18-19Avespa Xigante
20Jaculi

Táboa Oito bestas de Valor de Desafío 1/4 ou menor

Resultado D20Besta convocada [ou opcións entre as que escoller]
1Enlace a Nivel20 Bestiario con Bestas de Valor de Desafío 1/8
Enlace a Nivel20 Bestiario con Bestas de Valor de Desafío 0
2Vaca
3Cabalo/Egua
4Alce
5Ra Xigante
6Araña Lobo Xigante
7Tarántula
8Moucho Xigante
9Morcego Xigante
10-11Xabaril
12-13Loba/o
14Teixugo/Teixa Xigante
15Pantera
16Serpe
17Lagarto Xigante
18Cempés Xigante
19Pico de machado
20Dinosaurios: Dimenotrodón, Velocirraptor, Hadrosaurio, Pteranodon

Agardo que vos sexan útiles!

PD1: Se tedes cambios ou suxerencias de bestas de contido oficial que se me escapasen, comentade!

PD2: Cando a druida da miña campaña de Tiranía Dracónida, pola que precisei estas táboas, chegue ó nivel correspondente farei as de Conxurar elementais ou as que vaia xurdindo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *