D&D 5e. Strixhaven: Currículo do Caos. Unha ollada ó manual.

Módulo Oficial ambientada na vida universitaria, nos mundos de Dungeons & Dragons, en concreto en Arcavios (Magic) e na universidade máxica máis recoñecida: Strixhaven.

Nela poden atoparse criaturas de diferentes mundos de Dungeons&Dragons xa que pode ubicarse nun plano aparte, polo que é unha zona chea de diversidade.

Novidades en contidos e mecánicas

Novos contidos

  • A nova raza: moucho
  • Novos trasfondos: un para cada escola
  • Conxuros desenvoltos na universidade máxica
  • Novo bestiario específico
  • Ficha de seguemento para as mecánicas específicas
  • Campaña de nivel 1-10 divisible en 4 aventuras curtas independentes para niveis 1-3, 4-5, 6-7 e 8-10 respectivamente.

Novas mecánicas

  • Clases
  • Exames
  • Relacións sociais
  • Actividades extracurriculares
  • Empregos

…incluso un Oráculo. O grupo poderá facer toda a súa vida (practicamente) dentro desta gran cidade universitaria.

A Universidade

A cidade universitaria, fundada por cinco dragóns/onas, está composta por un edificio principal cunha enorme biblioteca e cafetería e outros cinco edificios, conectados entre si, un vinculado a cada escola.

Trae mapas da estrutura global e planos de cada edificio; así como desglose de personal, habitantes e as estatísticas e fichas correspontes, tamén a nivel social.

Escolas Strixhaven

Nesta táboa poden verse as principais diferencias entre as escolas desta universidade de maxia e feiticería. guiadas por diferentes principios centrados en polos opostos.

Contido das filas partido da primeira: Escola, área de estudo, dragón/a fundador/a, mascota e polos opostos da escola e a materia que cada escola imparte no primeiro curso.

ArqueomanciaArtes ElementaisNumeromanciaElocuenciaTranscendental
Pasado, antigüidades, coñecementoLume, auga, aire, terra, relámpago, calor e fríoMatemáticas e naturezaRetórica, oratoriaVida e morte, crecemento e decadencia, orixe e fin
Lorehold, VelomachusPrismari, GalazethQuandrix, TanazirSilverquill, ShadrixWhiterbloom, Beledros
Estatua espiritualArte elementalFractalIndicioPlaga / peste
Caos e OrdePerfección e expresiónTeoría e RealidadeLuz e SombrasRaíces e Veas
Introducción á arqueomanciaHistoria da Maxia e a ArteBases da maxia computacionalIniciación a lectura da tintaBocánica arcana básica
Vermello – brancoBranco – negroNegro – verdeVerde – azulAzul – vermello
Legados de SapiéntiumActuación de PrismariQuantum de QuándrixProclama de PlumargéntumBruxería de Flosmarcitus

Organización de estudos

Primeiro curso

  • Estudo de materias xerais.
  • Visten uniformes brancos, negros e grises.
  • Asistencia á materia troncal: Fisoloxía máxica.
  • Selección de 3 materias para o curso de entre as que imparte cada escola no primeiro curso e a materia de estudios xerais “auras básicas máxicas”.

Segundo curso

  • Elección de escola.
  • Uniforme da escola.
  • Asignación de un/ha docente de cada polo da escola como guías.

Cursos posteriores (mínimo terceiro e cuarto)

  • Especializarse na súa escola ou beber un pouco de outras tamén.

Particularidades na Creación de Personaxes

O grupo de estudantes que van xogar esta aventura, asúmese que, en xeral, accederon a ela dedicando os seus esforzos en prepararse para poder acceder a esta universidade e crecer nalgunha clase ou profesión relacionada coa maxia, aínda que non necesariamente unha clase centrada na maxia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *