Moitas veces ó animarnos a dar o paso de xogar ou dirixir temos moitas dúbidas, por un lado creei un vídeo para ter un pouco o concepto de qué o rol pero agora xa imos dar o paso de xogar, para o que dou unhas breves indicacións moi básicas e logo xa comento principalmente algunhas conclusións e informacións que eu considerei importantes na miña experiencia.
Hai moitos puntos que darían para un vídeo en si mesmos, charlas e debates, pero só trato de dar unhas pinceladas sobre diversos aspectos que considero importantes no rol.
Aclaración: na sección de límites a trasfondos esquecín dicir que poden, de acordo a ambientación, pois non existir determinadas razas ou teren que ser as personaxes dunha clase social ou formar tarde dun grupo determinado e habería que darlles estas indicacións e a información pertinente.
Seccións:
- 00:23 Prepartida: organizar a partida, información
- 03:33 Cómo xogar a rol
- 08:01 Cómo dirixir rol: información básica
- 11:07 Dirixir aventuras prexeneradas
- 15:52 Dirixir aventura propia
- 20:55 Dirixindo a aventura (durante a partida)
- 24:15 NPCs (Personaxes non xogadoras)
- 27:52 Dudas Narrativas: relevancia NPCs, fomentar a interpretación, consecuencias, guiar ó grupo
- 36:12 Crear/Desenvolver tramas. Cómo organizo a aventura
- 45:05 Preparar aventura e grupo
- 46:38 Evolución e fusión de tramas e sucesos
- 48:12 Recursos (plataformas) que emprego para/na dirección
- 51:20 Grazas
Recursos comentados:
Agardo que vos sexa útil!!
