Películas que por algunha razón ou outra disfrutei, me marcaron… e creo que poden ser boas recomendacións para ver e tamén para dar pé a historias de rol. A maioría son de terror e supervivencia.
Ordenadas de máis actuais, a máis antigas.

[ 2018 ] A Perfección – La Perfección – The Perfection
Superación, superviviencia, enxeño – Personal growth, survival, ingenuity.
Historia con xiros inagardados continuos, unha película singular, perversa, atípica.

[ 2016 ] A filla do Predicador – La hija del Predicador – Brimstone
Superación, superviviencia – Personal growth, survival.
Evolución dunha rapaza que se atopa numerosos obstáculos na súa vida e os límites ós que ten que chegar.

[ 2014 ] Perdida – Perdida – Gone Girl
Superación, superviviencia, paradoxo/paradoja – Personal growth, survival, paradox
A desaparación da súa muller parece agochar unha realidade inesperada.

[ 2013 ] A Coherencia – La Coherencia – Coherence
Superación, superviviencia, paradoxo/paradoja – Personal growth, survival, paradox
Quedada de colegas ata que un cometa cruza o ceo e comezan a acontecer estranos sucesos, incompresibles…

[2010] A Illa Sinistra – Shutter Island (es) – Shutter Island (en)
Terror, investigación – Horror, mistery
Unha investigación nun hospital psiquiátrico de criminais… onde haberá máis segredos dos agardardos…

[2010] A trampa do mal – La trampa del mal – Devil
Terror, supervivencia, impotencia – Horror, survival, impotence
Un ascensor atórase… algo sobrenatural parece atentar contra as vidas das persoas encerradas dentro.

[2009] Triángulo – Triangle (es) – Triangle (en)
Terror, paradoxo/paradoja – Horror, paradox
Un bucle de terror e supervivencia intrincado.

[2007] Exame – Examen – Exam
Terror, supervivencia, misterio – Horror, survival, mistery
Unha última proba inagardada para superar unha entrevista laboral, ata que se dan conta que algo especial e perigoso está a pasar.

[ 2007 ] A habitación de Fermat – La habitación de Fermat – Fermat’s Room
Enxeño, supervivencia – Ingenuity, survival
Resolver un acertixo dunha nota e gañar acceso a unha exclusiva reunión, na que comezan a acontecer inargadados sucesos.

[ 2005 ] A Chave Mestra – La Llave del Mal – The Skeleton Key
Terror, supervivencia – Horror, survival
Unha rapaza viaxa a unha casa para atender a un home gravemente enfermo pero non todo é o que parece.

[2004] Cubo Cero – Cubo Cero – Cube Zero
Terror, supervivencia, misterio – Horror, survival, mistery
Esta película fala do que ocorre antes de película de Cube, cun grupo previo que viviu esa situación de incertidume e medo pola súa vida.

[2003] OldBoy – OldBoy (es) – OldBoy (en)
Vinganza, supervivencia – Revenge, survival
Película de sufrimento, de encerro, de procura de liberdade, dura de ver, espectacular.

[2003] Identidade – Identidad – Identity
Supervivencia, terror, investigación – Survival, horror, mystery
¿Existen as casualidades? Diferentes persoas acaban reuníndose na procura de refuxio e parece que se produce un asasinato…

[2003] Km 666: Desvío ó inferno – Km 666: Desvío al infierno – Wrong Turn
Supervivencia, terror – Survival, horror
Típica película dun grupo de xóvenes deben tratar de fuxir e loitar como poidan para sobrevivir.

[1997] Cubo – Cubo – Cube
Terror, supervivencia, misterio – Horror, survival, mistery
Un grupo de persoas atópanse atrapadas nun lugar descoñecido e tratan de facer todo o posible por entender e tratar de fuxir.

