Saír do abismo (1-15) [Out of the Abyss]
Esta aventura caracterízase por vivenzas de supervivencia, horror, infraescuridade, criaturas demoníacas e inexplicables, sensación de “encerro”.
¿Queres xogala?
Esta aventura non é para calquera grupo o xogador/a. A campaña é dura dende o comezo, polo que non é especialmente recomendable a quen non xogara nunca (aínda que non é un veto tampouco). A frustración e a impotencia serán unha constante presente durante moitas sesións nun lugar totalmente adverso, polo que é importante valoralo.
Spoilers de aquí en diante. Se tes pensado xogala, deixa de ler aquí.
¿Queres dirixila?
Esta aventura non é especialmente sinxela de dirixir. A cantidade de NPCs a un mesmo tempo que hai que xestionar é bastante alta e a trama require de axustes e adaptacións, además de que hai moitos periodos de viaxe e a frustración do grupo pode ser alta.
Comecei a dirixila en outubro de 2020 e como xogamos unha sesión ó mes avanza lenta pero quería ir compartindo algunhas axudas e suxerencias que eu apliquei ou tiven en conta para preparala.

A aventura non se grava nin se retransmite pero o diario de sesións da aventura co grupo ó que estou dirixindo pode consultarse aquí: Diario de Sesións – Furia Demoníaca.
Sesión 0
Aquí vos deixo a estrutura que seguín eu na sesión 0.
O primeiro foi compartir a información básica sobre sistema, personaxe, normas… que se pode encontrar na entrada Sesión 0 (cero). Primeiro contacto Aventura – Grupo. Guía de grupo e xogo. Galego.
Para esta aventura en concreto quixen facer que a entrada en sesión non fora con todo o grupo unido. As personaxes na aventura oficial comezan nunha prisión; eu escollín facer que entrasen en diferentes momentos xa que o grupo non se coñecía previamente, salvo Breina e Oroko que son curmá e curmán (e casualmente obtiveron o mesmo resultado e entraron á vez na celda). Escollín que todo o grupo (e NPCs) accederían ó cárcere nun periodo de 10 días e polo tanto pedinlles que tirasen 1d10 na sesión 0 (eu tirei aparte por cada NPC). Ata que está todo o grupo ó completo a narrativa de cada día que pasa é máis global e menos detallada para axilizar ata que estea o grupo completo, isto vese na sesión 1 do Diario de Sesións – Furia Demoníaca.
No listado de NPCs engadín unha máis, Rax, no meu caso que foi asasinada como primeiro exemplo do que se poderían agardar. Foi asasinada un día que o grupo drow esqueceu de pór os grilletes e por iso dende aí prestan máis atención a encadear ben a cada preso/a.
Durante a aventura tamén permiten atopar certos obxectos facendo unhas tiradas de dado para ver qué obxecto atopan, eu adiantei esas tiradas e permitín que as adquirisen durante a aventura sen cortar a narrativa e sabendo qué obxectos serían e podendo preparar así o modo en que poderían conseguir estes obxectos. Neste caso a tirada é 1d20.
Tamén lles pedin que lanzasen Xd10 sendo o seu modificador de carisma. Cada número de 1 a 10 estaba asociado a un NPC. Desta forma establecía con qué NPCs se poderían ter relacionado máis nese tempo, tendo máis relación (coñecemento sobre NPCs) quen máis carisma tivese. Isto foi debido a que tras unha estancia na celda terían sacado certa información.
Guías de apoio para a campaña
Grupo NPCs
De acordo a cómo eu me organizo, tiro os dados para escoller o xénero e sexo de cada personaxe por iso poden non coincidir cos casos orixinais. Aquí deixo as fichas do grupo de NPCs como acompañantes e as personaxes que empreguei. As imaxes que emprego non están libres de dereitos, algunhas son as oficiais da campaña e outras atopadas na rede aínda que non identifiquei a súa autoría.
Aquí poden verse estadísticas propostas para o grupo de NPCs: A Motley Crew: The Velkynvelve Prisoners as PCs for Out of the Abyss. Eu tomeime as miñas licencias tamén para crear as fichas: non son as fichas oficiais. As fichas oficiais empregan criaturas do bestiario.
Sarith Kzekarit

Buppido

Eldeth Feldrun

Shuushar El Despertado

Ront

Jimjar

Topsy

Turvy

Princesa Derendil

Stool

Máis información da campaña Saír do Abismo [Out of the Abyss]
