Coñecímonos hai anos, Non sabería dicir cándo, Á beiriña de Portugal, Os meus primeiros pasos, Pero tocoume liscar. Sempre estiveches aí, Nos choros e no sorrir, Aínda sendo eu de pobo, Sentinte coma un estorbo. Había que estudarte, Eu non era paleofalante, Aínda non entendo, O porqué dese feo. Anos precisei sen ti, Para recoñecer a túa valía E así incluírte na miña vida, Sen obriga, polo sentir. Moito fixo o xabaril, Logo chegou política, Pra que ía eu mentir. Comecei pola escrita, Logo a poucos coa fala, A cal foi mal recibida, Pero eu xa non paraba. Da man cos erros, Ignorando peros, Chegou o máxico día, No que en ti pensaría. Agora xa somos compañeiras, Compartimos as horas e risas, Sumamos máis ás nosas filas, Con rol, rosmar e outras lerias. Seica es o músculo máis forte, Quero fortalecerte con aleivosía, Loitar por cambiar a túa sorte, con orgullo, afouteza e ledicia. Escribo estas verbas, amiga, Nacidas dunha mente inqueda, Porque das túas letras é día, A miña querida, lingua galega.
