Sesión 41. Corta rollos – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión Sesión 41. Corta rollos- Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

— Perspectiva de Knelitah 

Comeza a noite ben, con Erde facendonos o interrogatorio no jacuzzi, en xeral somos honestos pero con límites. Preguntanos sobre as nosas vidas e aventuras, non desvelamos moito. Ela insiste sobre se coñecemos a unha tal Xalys, unha drow que sirve a Ilvara e nos esta buscando. Mentres traballemos para o Rei Profundo non nos pode levar, pero está aí cos ollos postos en nos. Tamen nos comenta que Xal leva un tempo na corte,que influencia ao rei.

Tamen me pregunta por sombrío, parece serbque o viron na compaña de outra drow. Estou…. case segura, segura de que ten que tratarse de Darsi. Pero os duergar comentan que houbo un derrubamento de pedras cerca de Blindestone? Estou preocupada.

Os meus esforzos teñen froito e consigo quedarme a soas con Erde, parece que a noite promete…. Mentres tanto e para a miña miseria, regresa Fango (iso está ben 🙂 e trae noticias de que a consorte Xal poderia ser en realidade un súcubo (?!) e a Farlee non pode esperar nin 20 minutos a dicirnolo. Asi que baixa a sala de baños a darme o coñazo no momento mais oportuno para contarnos esta información. Sobra dicir que esta non lla perdono. Spbre todo porque Erde marchou de contado a buscar probas. Xa mo dicia o pobre Ikaher; nunca te lies cun picoleto. Se a culpa é miña.

En fin. Despois de botarlle pestes a Farlee decido ir ao bar a afogar as penas. Xarlys anda cerca.

Farlee e Oroko van a ver a Droni para preguntarlle por un conxuro de Vision Veraz pero sen conseguir un pergamiño vai estar moi dificil (porque non, as cóxegas non valen e matar á consorte tampouco) O resto collemoslle os peiños a Stool para que nos cante unha nana.

E mañá o espectáculo.

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

 

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *