Sesión 9. Día D, Hora H, Nai Profunda. – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión 9. Día D, Hora H, Nai Profunda.

— Perspectiva de Kanelitah

Puf vaya tela, Darsi. Cando che conte o de hoxe vas pensar que estiven lambendo liquen velenoso. A ver, por ónde empezo?

Os Kuo Toa leváronnos a unha celda, estes eran os bos, os adoradores da Nai Mariña. Déronnos alcohol non identificado e un lugar seguro para descansar, que falta nos facía. Últimamente estou notando que Sarith e Sigle están bastante cariñosos, é o que ten estar loitando pola túa vida cada día, que te apegas…

En fin, Despóis de comer e durmir, Ploopploopeen despértanos e lévanos ata o altar da Nai Mariña, onde rezamos ou finximos rezar. Éche unha estatua ben interesante, cos peitos ben picudos e cabeza de marisco. Interesante, xa che digo.

Logo vimos o altar da Nai Profunda; nada que ver. Tiñan unha manda viva desangrándose sobre o pedestal e enriba dela dous pulpos atados, como representando unha criatura de dúas cabezas. Doba un mal rollo que nin che quero contar! Pois nada, alí están os adoradores da Nai Profunda, como cantando ou borboteando ou o que seña que fagan.

Achégase Ploopploopeen e xa se pon a decirlle ao seu fillo que aquí ten unha ofrenda, que estamos boísimos… o típico. Un paripé. Logo póñennos en fila no muelle e alí vexo un enano, que nunca vin na miña vida menos mal, un tal Hemezh, que tamén vai ser sacrificado. Os Kuo Toa póñennse a cantar e dar voltas, e a min o estómago empézaseme a retorcer.

Cando vexo que vai a haber ostias non estou tranquila ata que as dou, xa me coñeces. Por fin Ploopploopeen da o sinal e os do seu bando comezan a atacar aos adoradores da Nai Profunda. Nos estábamos ansiosos por combatir, pero creo que isto xogou na nosa contra, ao principio non atinamos moi ben cos golpes. Cae Sarith o outro drow, Shuushar o moi imbécil escaba levando a Stool. Oroko e Farlee teñen máis sorte cós seus feitizos. A verdade é que Oroko cando se cabre da un pouco de medo, pra o pequeniño que é, cábenlle bastantos ases na manga. Eu pola miña parte conseguín rematar ao fillo de Ploopploopeen, pero antes de acabar de acabar de desangrarse, o moi castrón, deulle tempo a invocar á Nai Profunda. Saiu un bicho da auga, Darsi, que medía como 30 pes. Tiña tentáculos…e dúas cabezaas e… uff, mira que temos visto cousas, pero aquilo daba medo.

A metade dos Kuo Toa quedan paralizados có terror, Silge tamén, e a Jimjar dalle unha furia asesina que non distinguía amigo de inimigo. Unhas mantas enormes comezaron a saltar dende a auga e leváronse por diante a verios dos peixes. Breina e Oroko conseguiron saír do muelle, Farlee tamén. Silge estaba plantado no sitio, pero deume un momento de inspiración encasqueille cunha pedra en toda a cabeza, así que pareceu despertar. Sorte! Así colleu a Sarith e alguén máis colleu á rata Fango, e eu arrastrei a Hemezh ata saír do muelle.

Teño que facerche unha confesión: no altar da Nai Profunda había un pano de seda, bordado de arañas… recordoume ao que levaba a miña maestra de protocolo. Túveno que coller, xa sei que son sentimentalismos baratos pero… qué lle vou facer. En fin, no muelle a cousa non melloraba. Ploopplopeen estaba ao seu, que había que restaurar a fé da Nai Mariña ou algo así, e Jimjar saltou á auga. Con sorte, Breina rescatouna pero estaba nun frenesí asesino que intentou atacarnos. Comezou a apuñalar a Shuushar e non se calmou ata que Breina non utilizou maxia curadora con ela. Mentras tanto, vin de lonxe Sarith que espertaba, e corría cara nos. Dixo que Silge marchara buscando a alguén. Pois estamos bos. Agora non sabemos qué facer. Hemezh insiste en escapar polo lago. Menuda idea! Claro que igual, é o máis rápido. Polo momento imos fuxir cara onde fuxiu Silge, quizáis nos topemos con él antes de saír desde maldito sitio. Alomenos Farlee está encontrando ingredientes para feitizos…

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *