Christmas Carol. Aventura, vídeo de partida en Español, adaptación e material. Galego, español.

Aventura ambientada na época de Nadal en Oregón, nunhas vacacións que se verán truncadas por… algo extrano… quizais perigoso… quizais ancestral.

Sistema Ratas en las Paredes

Temática: Terror

Duración 5-7h

Autoría Francisco de Paula

Colección Churros&Dragons

Maquetación Culto de los Gusanos

Normas Ratas en las Paredes

Nesta entrada poden atoparse vídeos xogando a aventura, música, as fichas que usou o meu grupo e algunha pequena adaptación.

Spoilers de aquí en diante. Se tes pensado xogala, deixa de ler aquí.

A aventura é interesante, permite ir avanzando dunha sensación de ocio, con algunha información chocante ou misteriosa a relax e logo unha situación de terror e posterior persecución.

A aventura esta compartira libremente está lista para seren dirixida. Eu fixen pequenos cambios e, ademais, comparto aquí algúns recursos que poderían axilizar a súa preparación.

Descarga da aventura

Ver Partida (español)

Déixovos por aquí uns vídeos nos que se empregan todos recursos que se adxunta nesta entrada durante a propia partida.

Ver en Youtube Aventura Completa

Sesión 1. Christmas Carol

undefined

Canción que menciona Lucien: Apocalyptica

Sesión 2. Christmas Carol

undefined

Sesión 3. Christmas Carol

undefined

Adaptacións

A aventura está completa, só fixen un par de adaptacións que me parecían más acordes.

A primeira é o cambio na imaxe de portada a compartir co grupo. No meu caso preferín compartir unha imaxe dun refuxio nunha zona nevada, a amosada ó inicio da entrada, xa que o violín podería actuar como pista para a aventura.

Outro cambio que fixen é optar por unha imaxe alternativa para Lindesy da que sae na aventura, xa que as súas orellas poderían chamar a atención cando ela estaría perfectamente simulada.

Imaxe alternativa da humana Lindsay

Material Complementario

Fichas “Prexeneradas” (español)

Comparto aquí as fichas que se empregaron na partida do vídeo, cada unha delas creada por quen a roleou acordando o trasfondo entre todo o grupo.

As fichas e os trasfondos que crearon parecéronme sumamente axeitados para a aventura, ademais de teren trasfondos extra que poden enriquecer a aventura, polo que lles preguntei se podería compartilos e aquí volos deixo, co seu consentimento, para que poidades empregalas nas vosas aventuras, facendo as modificacións que consideredes.

Cid, pai viuvo, mecánico ancián

Personaxe creado e interpretado por @Galiscola

Lucien, violonchelista cunha carreira prometedora, filla de Cid, xemelga de Beren e “amiga” de Lucien

Personaxe creado e interpretado por Sunitta

Beren, futbolista coa carreira truncada, fillo de Cid, xemelgo de Lucien

Personaxe creado por @Rockero2000

Anne Mckenitt, etóloga (rasteadora de lobos/as), “amiga” de Lucien

Ademais, engadiron no grupo a Sir Brown, un can, de raza Husky Siberiano que é a súa mascota.

Overlay

(Pendente de subir)

Diseñado por Triskel

Música Sen Copyright

Música empregada no vídeo e escenas nas que se usan. Entrar no link para verificar o correcto uso das atribucións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *