Evento Roliversario – 2º Aniversario Galicia Rolera – Qué nos contamos?

Ola, xentiña!!

Como todo o mundo debería saber estes 20 – 21 de Agosto celebráronse as xornadas do Roliversario polo 2º Aniversario de Galicia Rolera e aquí vou narrar, un pouco, a miña experiencia.

O principal é: unha chea de xente roleira incrible viuse a desfrutar a Galicia en mesas presenciais de rol eses días!!

Organización

Como parte da organización o evento comezou hai moito, moito atrás. Fixemos un tanteo en Samaín do ano pasado, en A Coruña, foi algo pequeno e sobre todo deixando en mans de Fian (máis da súa irmá, haha) e aí Fernando Moreiras e mais eu acordamos, á volta, que había que facer un en Vigo, el propuxo o local, a Asociación Veciñal do Casco Vello, a quen lles enviamos a proposta e nos axudaron con impresións e liberación de espacio do local e o domingo para evitar que o sol nos cociñase coa cristaleira da cuarta planta.

A proposta foi levada a Nit e Menta e esta última e máis eu comezamos a estruturar cómo podería ser, qué era preciso, datas, ver o local, estimación de xente, cantidade de mesas, prazos… vaia un pouco de todo para irlle dando forma. Nit, como ama do calabozo que é, non puido resistirse a tal evento e uniuse á organización, así que finalmente as 3 nos encargamos de dar forma a un evento que, a pesares dos problemas que puidera ter dado e o sangue que correra (figurado, figurado xD), deu paso a uns días practicamente perfectos, con moito traballo pero rodeadas da mellor compañía con son de fondo de risas e dados rodando.

Como resumo podemos ter:

  • Organización dos prazos internos á organización e consecución de espazo e material
  • Promoción do evento e os diferentes prazos para anotarse como másteres e xogadoras/es
  • Xestión de colabracións de editoriais e sorteos (isto todo cousa de Nit xD)
  • Xestión de material preciso, demo wargames empaquetada a Fian e sala de chachareo! (que acabou sendo de preparación de partidas tamén, haha)

  • Cartelería e información, suminisstros de líquido para que a xente sobrevivise xD
  • Colaboracións e merchandising

  • Organización de mesas en galego e español, publicidade en redes e ubicacións no local
  • Información e posta en contacto de xentiña para que puidesen compartir transporte (viu xentiña de diferentes puntas de España e algunha de fóra!)
  • Preparación do local (agradecemento especial a Alaia, qué faría eu sen ti, rapaza!)

  • Acollida da xentiña que se viña uns días antes porque non aguantabamos as ganas de vérmonos o antes posible!

Nos sorteos, temos que facer un agradecemento especial a Nitta, Lady Farshaw, Ash e á azafata barbuda.

Aquí a organización do evento e administración de Galicia Rolera (si, ese punto minúsculo son eu).

Xornadas

Nas xornadas pudeimos coñecer a moita xentiña e coñecer nova!!

Como organización acudiamos antes para preparar todo e logo, sendo 4 na organización e 4 quendas pois nolas asignamos e iamos recibindo á xentiña na porta os primeiros minutos, cubrindo as vacantes e incluso activando as mesas suplentes porque a participación foi moita e moi riquiña!

Tras eses primeiros minutos, comezou a xogarse en todas as mesas, habendo moi boas experiencias e vivindo aventuras moi dispares.

Todas as mesas eran únicas, pero claro, non podo comentalas todas e nin sequera de todas haberá fotos de todas pero hai algunhas que eu quero resaltar, porque eran importantes para min. Tiven a sorte de que persoas importantes para min se pasasen polo evento, o grupo dos sábados, o grupo dos domingos, xentiña de ElTabenerRol, de Irmandades do Dado (repartindo grachas, hehe, teño a miña!) e, por suposto, e sobre todo de Galicia Rolera.

Imos ser sinceiras:

o evento foi un exitazo!!

E a xente que gañástedes premios: debédesnos unhas partidas!!

 

Outras actividades

Aproveitando que había xentiña adorable pola zona, pois fomos de excursión por Nigrán, gozamos da praia, do Val Miñor Fest e compartimos comidas e ceas, incluso celebrar un cumpreanos (ademais do de Galicia Rolera, claro). Aquí algúns recordos.

GRAZAS 

Deixádesnos grandes recordos, todos eles moi especiais!

Iremos a por outra?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *