D&D 5e. Nascente da Lamia: Currículo do Caos. Campaña de rol en galego. Strixhaven. Adaptación.

Nesta entrada inclúense as modificacións de ambientación e aplicación de regras que empregarei na dirección campañas de Strixhaven.

Módulo Oficial

Previamente compartín unha entrada específica con algo de información deste libro que deixo a continuación:

D&D 5e. Strixhaven: Currículo do Caos. Unha ollada ó manual. 

Regras

D&D 5e. Regras Caseiras Propias sobre Sistema e Ambientación. Meu estilo de xogo. Galego.

A maiores incluirase o testeo da seguinte norma: Regra Extra: Tirada esquiva/defensa

Na contra de CA pasiva, no equipo engadirase esquiva ou armadura co modificador de armadura e cando se sexa obxectivo de unha tirada de ataque inimiga, na contra de tirar a criatura, tirará quen se protexe/esquiva.

Actualmente, nas regras oficiais funciona do seguinte modo:
CA a igualar: 15
Tirada de ataque 1d20+3

Pasaría a :
Tirada esquiva/defensa: 1d20+5
Ataque a superar: 13

Esta aventura será dirixida en galego, polo que todo o grupo debe entendenlo e, polo menos a maioría, poder falalo ou ter a intención de aprendelo (sería bonito ver como alguén, ó longo da campaña vai afacéndose á lingua).

Se alguén non pode comprometerse a longo prazo, aínda que teño pensado facela como por seccións de modo que irei preguntando a cada membro ó ir rematándoas se quererá seguir, poderían verse colaboracións puntuais nalgunhas partidas.

Os obxectivos son:

  • Pasalo ben gozando do rol, do grupo e da aventura
  • Difundir o rol en galego
  • Animar a máis xente a probar e pasalo ben xogando ó rol

 

Advertencia para quen queira xogar esta aventura comigo:

Se alguén quere non sesgarse polo contido da aventura como as escolas ou outros aspectos e quizais acceder de un modo inusual, que me comente a súa idea ANTES de ler o resto do contido desta entrada, para que poidamos organizar e lle comento cáles debería ler. Por exemplo, podería facer a súa personaxe libremente e que, de acordo a esta, eu lle escollese a escola (ou quizais non pertencer a ningunha).

Modificacións nas Escolas do Nascente da Lamia

Esta universidade partiu igualmente dun grupo dragón que a fundou pero cada membro foi inspirado por unha criatura diferente da mitoloxía galega, nun encontro, nos seus soños…

Na primeira fila aparecen os nomes “orixinais” (traducidos) da aventura, na segunda os nomes que

ArqueomanciaElementosMatemáticas e naturezaRetranca, oratoriaVida e morte
Vestixios da maxiaArtes ElementaisNatureza e equilibrioElocuencia e retrancaTrascendental
EscolerMeigasMouraResponsadoraVedoira

Particularidades na Creación de Personaxes

No meu caso posiblemente ubique a universidade nun plano aparte á que non calquera pode acceder, debe haber unha razón para iso que deberá incluirse no trasfondo (alguén que estivo nela decidiu darlle pistas a alguén de como conseguilo, detectar un talento natural, argallar un engano, unha casualidade…).

Tratarei de adaptar a aventura ós trasfondos do grupo.

Os conxuros asociados a cada trasfondo e a dote iranse adquirindo ó longo da aventura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *