
E quén veñen sendo estas personaxes
(Detalle do grupo de personaxes)
Sesión 16. Arañas, demos e tesouros.
— Perspectiva de Silge —
Despois de atravesar as telarañas por fin temos contacto visual coa criatura que a piques estivo de esnaquizar o barco con todos a bordo. O espectador atópase detrás dunha estatua de pedra de gran tamaño que, según nos indicaron Yuk Yuk e Cebo de araña, utiliza para ampliar o alcance dos seus ataques. Desconfiando que o noso inimigo sexa moito máis poderoso do que pensamos decidimos optar polo sixilo e achegarnos sen que nos perciba.
Kanelitah avanza en cabeza e pese á súa cautela non pode evitar que o espectador perciba a súa presenza e a ataque. Pola súa banda Oroko, Jimjar e Breina optan por ataques a distancia con arcos e bestas que semellan ser moi efectivos. Aproveitando estes instantes de batalla, Silge avanza entre as sombras e consegue colocarse ás costas do espectador sen que este o detecte para asestar un duro golpe coas súas espadas. Farlee utiliza as súas habilidades máxicas para aumentar a súa capacidade de esquivar os golpes do espectador e aproveita para lanzar un dos seus potentes golpes.

Neste punto, o espectador comeza a desesperarse ante os ataques deste grupo de indesexables “demos” e reclama a axuda das súas compañeiras arañas que comezan a achegarse dende distintos puntos das extensas telarañas. Mantémonos firmes e seguimos atacando sen descanso ó espectador ata que conseguimos que finalmente caia derrotado. Agora o perigo achégase dende os flancos en forma de 3 enormes arañas que nos ven como a súa fresca e deliciosa cea. Facendo uso das reservas de forzas que nos quedan, loitamos contra as arañas e finalmente vencemos. Un instante de calma despois de tanta liorta sempre é de agradecer.
Achegámonos á estatua que o espectador estaba a empregar para amplificar o seu poder e agora podemos indentificar como se trata dunha representación dun poderoso mago evocador. Farlee e Oroko, como integrantes con experiencia no uso da maxia, inspeccionan a estatua e identifican unha inscripción moi deteriorada polo paso do tempo na que se poden distinguir as seguintes letras.
Hal—ter Blac—–k
De súpeto Oroko lembra que entre o seu amplo repertorio musical hai unha canción que menciona a un antigo mago tolo coñecido como Halaster Blackcloak. Tratábase dunha sinistra personaxe que cometeu numerosos crimes na área que estaba baixo o seu goberno. Farlee pola súa banda lembra que este mago era coñecido en Waterdeep xunto ó seu equipo, ós que se coñecía como “os sete”. Halaster Blackcloack dedicábase a crear criaturas de dubidosa ética e enviabaas ás cavernas.
Con esta información facemos acopio de carne de araña, pese ás reticencias de orixe relixiosa de Kanelitah, e poñemonos en marcha para voltar ó barco o antes posible.
De camiño ó barco atopamos a Yuk Yuk e Cebo de araña que nos reclaman a súa parte do botín. Con toda incredulidade respondemos que non había nada de valor xunto ó espectador. Os goblins limítanse a sinalar ó extremo oeste das telarañas onde din que hai un cofre cheo de tesouros. Por unha vez non nos deixamos levar pola nosa avaricia e decidimos seguir o noso camiño. As promesas de grandes tesouros xa nos trouxeron problemas en anteriores ocasións, especialmente a Shuushar, a luz o acolla no seu seo.
Indicando a Yuk Yuk e Cebo de araña que poden ir buscar eles mesmos o tesouro e quedar con todo o botín seguimos o noso camiño de volta ó barco. Nestra travesía levamos connosco ó misterioso mediano que atopamos envolto en telarañas e que polo momento segue baixo os efectos sedantes do veleno das arañas.
De volta no barco poñemos toda a nova información que temos en común co resto do grupo e decidimos con Hemez que a nosa mellor alternativa é navegar un pouco para afastarnos do perigo e descansar nunha zona un chisco máis tranquila. Durante este tempo, o mediano que rescatamos volve en sí e intentamos saber algo máis da súa historia. Chámase Fargas Rumblefoot e cóntanos que ía xunto cun grupo de cazatesouros en busca da Tumba de Kaen cando foron atacados e que non lembra nada máis. Cóntanos que esta tumba pertence á poderosa feiticeira de Netheril coñecida como Brisis e que se conta que está chea de tesouros. Xa que perdeu o seu antigo equipo de cazatesouros está disposto a compartir connosco a información que ten a cambio de repartirmos os beneficios. Desconfiados recorremos ás esporas de Stool intentando ler nos pensamentos deste individuo algo que nos aclare se é de fiar. Polo pronto descubrimos que, como calquera cazatesouros, vendería á toda a súa familia a cambio de riquezas así que o mellor será andar con coidado á hora de fiarnos del. Tamén descubrimos que a Tumba de Kaen se atopa nas proximidades de Gratshlug, nunha zona de túneles cuberta de telarañas.
As cousas comezan a poñerse interesantes, antigas tumbas, grandes tesouros. Non perdades o próximo episodio desta trepidante aventura, amigas!
NPCs
[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]
Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca
