
E quén veñen sendo estas personaxes
(Detalle do grupo de personaxes)
Sesión Sesión 31. Compañeiro perdido – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.
— Perspectiva de K’nelitah —
Exhaustos despois do combate, pero aínda con moito que facer, atopamos refuxio a carón do furado por onde desaparecera Doki, o noso obxectivo.
Coma non preciso durmir moito, eu (Kanelitah) decidín facer a primera garda mentres os demáis durmían, pero a noite non foi tranquila. Os meus compañeiros non descansan demasiado ben. Durante a noite, escoito uns pasos pequenos achegarse polo tunel, pero deben sentir a nosa presencia e danse a volta. Sabendo isto, pásolle a Silge o testigo da garda. Éltamen escoita ruxidos, pero ten a impresión de que se trata só de arañas, que Lolth nos ampare.
Na súa garda, Sarith di escoitar uns pequenos pasos que marchan da cova.
Os efectos do descanso non se deixan sentir, pois cando esperamos, parece quee Silge está máis afectado que nunca polos fungos que os atacan a él e sobre todo a Sarith. Pola súa parte, Farlee, Breina e Oroko non descansan ben, e siguen exhaustos polas probas ás que nos temos visto sometidos últimamente.
Sexa como or, hai que seguir cada adiante. Oroko parece ter recobrado a súa conexión telepática con Lucerito, e decidimos seguir explorando os túneles, pois atopamos algunhas pegadas que podrían indicarnos que o noso obxectivo aínda anda por eles.
Atopamos un corredor cheo de auga turbia, malsana, chea de restos humanos (e non humanos). As nosas opcións son algo limitadas así que decidimos continuar atravesando a sala onde se atopaba Buppido e continuar a través dunah caverna que antes non víramos.
O que atopamos alí supón un antes e un despóis na nosa aventura. Nesta gran caverna hai un grupo de micónidos, danzando de orma estraña. Stool sinala a un deles, Rumpadump, que leva un ritmo moito menos frenético ao dos demáis. Stool di coñecelo e fala da súa amizade. Achegámonos tentativamente para intentar comunicarnos cós micónidos, pero quien nos fala non é Rumpadump, senon Voosbur, que baila frenético e fala de Neverlight Grove, dunha masacre que tivo lugar alí. Tamén nos confesa seguir o soño dunah dama, un personaxe misterioso que todos parecen coñecer, que os guía e vixía. Ante estas palabras, Sarith, xa moi afectado pola infección fúnguica, cae presa do feitizo danzarín e vese controlado polos micónicos, uníndose a eles na súa danza, non sen antes empurrrar a Silge ben lonxe de Voosbur, mentres unha bágoa lle cae pola meixela.
Nunca pensei que un fillo tan leal de Lolth como Sarith puidera ter tanta tenrura no seu corazón.
A pesares da confusión de Silge, Stool pide por favor que levemos a Rumpadump con nos e nos marchamos, xa que ningún dos dous confía en Voosbur nin no seu séquito. Ainda que me comen os demonios por cómo se levaron a Sarith, sei que non estamos o suficientemente fortes como para loitar cós micónidos, e dexamos saír á caravana danzante, perdendo a Sarith.
Seguímolos durante un anaco pero ao cabo chegamos a un bosque de fungos ermosísimo, por onde Voosbur e a súa compaña desaparecen usando o feitizo de transporte a través de árbores.
Os ánimos están baixos, pero debemos continuar, ademáis, é posible que o bosque seña un bo lugar para buscar comida. Eu pensaba nun guiso de cogomelos, pero mentres atravesamos a maleza somos atacados por pequenas arañas e cempés. Farlee intenta loitar contra eles valentemente, pero cae ante o seu gran número, non sen antes empezar un pequeno incendio (esta Veneno, nunca deixa de darme alegrías). Oroko consigue curala, pero a influencia do faerznes obrígano a berrar cando fala (podería ter sido moito peor). Non sen esforzo, conseguimos derrotar ós insectos e apagar o lume, e fuximos sen máis baizas por outra parte do túnel.
O guiso da noite terá que ser de cempés. Iso está ben, o meu mestre sempre me dixo que debía comer moita proteína.
NPCs
[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]
Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca
