Contacto: Instagram – Gmail
Evento organizado por Criticals&Fails e Ouril Games
Boas xentiña!!
Este setembro 2025 tedes novamente unha cita roleira e lúdica con xogos de mesa e talleres, en O Porriño (a uns 20 minutos de Vigo, conectado con autobuses frecuentes e incluso parada de tren, prazas de aparcamento). Será a fin de semana do 7 – 9 no Centro Cultural Atios, O Porriño.
Organizade as axendas e anotade as datas para inscribir partidas para dirixir, para xogar ou para achegarvos ós talleres ou ós xogos de mesa, de acceso libre, onde podedes aproveitar ata para estrear un deses xogos que teñades pendentes e aprender a xogar a algún TCG (Xogos de Cartas Intercambiables) e incluso inscribirvos ós torneos (esta sería a única actividade de pago, xestionada por Alpaca Chichona).
Tras a experiencia tan positiva que tiveron en xaneiro queren repetir e ir crecendo pouco a pouco! Para coñecer mellor a Critical&Fails e OurilGames pero sobre todo ter máis información sobre o evento, tedes unha entrevista enlazada ó final!
Seguiremos informando!
Aínda que non son entidades organizadoras, dende Galicia Rolera e Irmandades do Dado intentaremos tamén respostar as dúbidas e hai membros da organización nos servidores: Galicia Rolera – Irmandades do Dado
Difundirase a lista de partidas dispoñibles o antes posible despois do peche do prazo de inscrición de másteres.
As partidas serán dirixidas en galego ou castelán, mais cada xogador/a poderá falar en galego ou castelán indistintamente (salvo naquelas partidas en que a/o máster non teña o suficiente dominio da outra lingua).
Pero… eu non sei galego… ¿podo xogar esas partidas?
O galego é o idioma que se vai usar ao dirixir a partida, pero non é imprescindible falalo para xogar: mentres o entendades, podedes falar en castelán ou atrevervos a chapurrear un pouquiño, que non xulgamos a ninguén.
Tede en conta que quen vos dirixa podería axudarvos a entender sen maior problema, ou podedes preguntarlle a través do Discord se habería algún problema.
O galego é unha lingua fermosa e o rol unha afección para pasar un bo rato; se algunha partida en galego vos interesa, non a descartedes automaticamente. Aquí tedes as aventuras Encarga de tradución e A Cadeira Baleira para que lles botedes unha ollada e vexades se poderiades xogalas.
Inscricións en actividades.
¿Queres ser máster no evento? Precisan saber se vos apetece vir dirixir para estimar a cantidade de mesas e reservar un espacio acorde!
Aproveitade para dirixir esa aventuriña ideal para principiantes, aquela que leva demasiado na lista de pendentes, probar unha ambientación ou sistema novo… dádelle sen medo e rolade dados!
Prazo másteres de rol: 25 / 08 / 2025
(potencialmente prorrograble)
Formulario de inscrición de partidas
Prazo inscrición xogadores/as de rol: agosto
(Ok, pero qué ven sendo isto do rol?)
Outras actividades:
Xogos de mesa e talleres: disposición e asistencia libre o día do evento.
Xogos de cartas: asistencia libre a demos; para torneos debe realizarse inscrición oficial.
¡Hola gente!
Este septiembre 2025 tenéis nuevamente una cita rolera y lúdica con juegos de mesa y talleres, en O Porriño (a unos 20 minutos de Vigo, conectado con autobuses frecuentes e incluso parada de tren, plazas de aparcamiento). Será el fin de semana del 7 – 9 no Centro Cultural Atios, O Porriño.
Organizad las agendas y anotad las fechas para inscribir partidas para dirigir, para jugar o para acercaros a los talleres o a los juegos de mesa, de acceso libre, donde podéis aprovechar hasta para estrenar uno de esos juegos que tengáis pendientes y aprender a jugar a algún TCG (Juegos de Cartas Intercambiables) e incluso inscribiros a los torneos (esta sería la única actividad de pago, gestionada por Alpaca Chichona).
Tras la experiencia tan positiva que tuvieron en enero quieren repetir e ir creciendo poco a poco!
Seguiremos informando!
Aunque non son entidades organizadoras, desde Galicia Rolera e Irmandades do Dado intentaremos también responder las dudas y hay membros de la organización en ambos servidores: Galicia Rolera – Irmandades do Dado
Se difundirá la lista de partidas disponibles lo antes posible después del cierro del plazo de inscripción de másteres.
Las partidas serán dirigidas en gallego o castellano, aunque cada jugador/a podrá hablar en un idioma u otro indistintamente (salvo en aquellas partidas en las que la/el máster no tenga suficiente dominio del idioma).
Pero… yo no sé gallego… ¿puedo jugar esas partidas?
El gallego es el idioma que se va a usar al dirigir la partida, pero no es imprescindible hablarlo para jugar: mientras lo entendáis, podéis usar el español o atreveros a chapurrear un poquito, que no juzgamos a nadie.
Tened en cuenta que quien os dirija podría ayudaros a entender sin mayor problema, o podéis preguntarle a través de Discord si habría algún problema.
El gallego es una lengua hermosa y el rol una afición para pasar un buen rato; si alguna partida en gallego os interesa, no la descartéis automáticamente por el idioma. Aquí tenéis las aventuras Encarga de tradución y A Cadeira Baleira para que les echéis un vistazo y veáis si podríais jugarlas.
Inscripciones en actividades.
¿Quieres ser máster en el evento? Necesitan saber si os apetece venir a dirigir para estimar la cantidad de mesas y reservar un espacio acorde!
Aprovechad para dirigir esa aventurilla ideal para principiantes, aquella que lleva demasiado en la lista de pendientes, probar una ambientación o sistema nuevo… dadle sin miedo y tirar esos dados!
Plazo másteres de rol: 25 / 08 / 2025
(potencialmente prorrograble)
Formulario de inscripción de partidas
Plazo inscrición jugadores/as de rol: agosto
(Ok, pero qué ven sendo isto do rol?)
Otras actividades:
Juegos de mesa y talleres: disposición y asistencia libre el día del evento.
Juegos de cartas: asistencia libre a demos; para torneos debe realizarse inscripción oficial.

