Sesión 39. Non llo digas ó dragón!! – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión Sesión 39. Non llo digas ó dragón!! – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

— Perspectiva de Silge

Oroko e Farlee rebuscan entre as notas de Droki e atopan ou máis ben conseguen descifrar un par de conxuros que poden copiar nos seus libros: finxir morte e disco flotante de Tenser.

O grupo diríxese entón á reunión con Errde. A comandante dos gardiáns de pedra interésase pola información que o grupo lle pode aportar. Knelitah, como portavoz do grupo pregunta antes de nada polas consecuencias e/ou beneficios que este trato pode ter para o grupo. Errde indica que todo depende da calidade e concreción das probas e da información aportada. Se as probas son concluíntes, o grupo pode gañar o favor do Rei Profundo e sair protexido de Gracklstugh. Se pola contra a información no é satisfactoria, o grupo podería rematar as súas aventuras neste mesmo intre.

Knelitah comenta todo o que o grupo descubriu nas súas aventuras e a partires do material requisado a Droki. Errde comenta que todo o relacionado cos xigantes é algo do que Hgraam debe ser informada xa que claramente está a atentar contra a vida do seu clan.

No que respecta á conspiración e a corrupción presente na garda da cidade, Errde menciona a posible implicación do consello de sabios da cidade describindo a un dos membros que encaixa á perfección co individuo que o grupo eliminou no ritual de invocación que se estaba a levar a cabo ó pé do obelisco. O individuo, de nome Narrak, era un integrante do consello de pedra e está relacionado dalgún xeito co medallón que portaba Droki.

Polo que poida pasar, o grupo decide non mencionar en ningún momento o incidente co ovo de dragón.Ninguén quere enfadar a unha nai, menos se é un dragón.

Finalmente Errde indícalle ó grupo que debe reunirse primeiro con Gartokkar, guardiana da chama e que tamén quere coñecer os detalles dos seus descubrimentos. Posteriormente deberán reunirse tamén con Temberchaud, o Ferreiro dragón que mantén vivas as chamas das forxas de Gracklstugh. Por último o Rei Profundo decidirá o destino do grupo en función da información que reciba.

Despois da charla con Errde, o grupo reúnese con Hgraam a xiganta, amósase sorprendida polo que está a ocorrer pero tamén amosa moito agradecemento ó grupo pola súa implicación en protexer ó clan dos xigantes. Como recompensa entrégalles unha esmeralda cun valor de 500 pezas de ouro que Farlee garda de bo grado.

A reunión con Gartokkar é a seguinte. A garda da chama é moi directa e non tarda en preguntar se teñen constancia de algún feito que implique un ovo de dragón. Ante a posibilidade de seren descubertos Silge decide amosar os restos do ovo que carga como proba. Gartokkar non pode ocultar a súa ira e deixa ben claro ó grupo que este feito non debe chegar a coñecemento de Temberchaud pois o resultado sería terrible.

Nestes intres, Silge comeza a amosar síntomas de que a infección polos fungos de Neverlight Grove está a avanzar e a apoderarse da súa parte consciente. Os delirios fan que o Gith amose comportamentos inesperados polo que será necesario mantelo máis vixilado do normal.

Escoltados pola garda, o grupo diríxese entón á reunión co dragón. Temberchaud recíbeos orgulloso sobre o monte de tesouros e riquezas recopilados ó longo da súa vida. Kanelitah valora nun vistazo os tesouros na busca dalgún obxecto que poida ser de interese pero as circunstancias non son as axeitadas para loucuras.

O dragón interésase polo pasado do grupo, pregunta polo seu trasfondo e as súas historias particulares. Quere coñecer qué os levou ata o punto no que se atopan. Despois dunhas breves introduccións, o dragón expón as súas condicións. Se o grupo quere sair con vida da cidade debe colaborar con él e descubrir que é o que lle está a ocultar a garda de Gracklstugh. Seguindo as instruccións de Gartokkar, o grupo omite toda a historia do ovo de dragón ó tempo que se ofrece a colaborar coa besta en obter a información que lles solicita. Finalmente, antes de abandonar a sala na que habita o dragón, éste solicita ós seus novos servos un espectáculo. Unha actuación musical que dea conta da súa grandeza, das súas fazañas e que faga honra á entidade do Ferreiro dragón. Oroko e Breina dan a súa mellor versión cunha orixinal interpretación que non convence de todo ó dragón e que as encomenda a mellorar o espectáculo para un futuro festival.

Á saída o grupo fala con Gartokkar que se amosa satisfeita de que estes mantivesen a discreción en canto ó acontecido co ovo. Tamén amosa interese polo que está a acontecer nos túneles, o grupo fálalle da sala na que se estaba a realizar a invocación, Gartokkar asegura que enviarán un grupo de gardas a investigar a zona.

Por último o grupo reúnese con Errde quen comunica dúas cousas moi importantes, a primeira delas é que deberán reunirse co rei profundo para dar conta dos seus descubrimentos. Por outra parte, a recompensa do grupo polos seus servizos é a oportunidade de gastar 150 pezas de ouro por cabeza no mercado de Gracklstugh.

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *