Liga Galega de Pokémon 2024/2025 – Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego

A xentiña da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego organiza a Liga Galega de Pokémon 2024/2025 !!

Oes, gústache Pokémon?
Queres participar nunha competición desenfadada na que pasalo ben e facer un pouco de show na rede?

Pois xa está aquí a Liga Galega de Pokémon 24-25!

Crea un equipo imbatible e loita polo título de Campión ou Campiona da Liga Galega!
Ou rolea a túa propia personaxe pokémon co teu equipo único e candidata para a posición de Líder de Ximnasio!
Ou ambas! Ti decides!

Bases Resumidas

[googleapps domain=”drive” dir=”file/d/1U_0viFWHFN_a5rOpdNzOmI3E2RG9ANDz/preview” query=”” width=”100%” height=”1100″ /]

¿Precisades máis información? Aquí tedes, en detalle, as Bases da Liga Galega Pokémon 24-25.

Se tedes ganas de poñervos a proba na liga xunto co voso equipo Pokémon, aquí tedes as
inscricións !!

Contacto Obradoiro Dixital Galego
DiscordBlueSkyMastodonRSSTwitter

Cómo xogar e dirixir partidas de rol. Galego

Moitas veces ó animarnos a dar o paso de xogar ou dirixir temos moitas dúbidas, por un lado creei un vídeo para ter un pouco o concepto de qué o rol pero agora xa imos dar o paso de xogar, para o que dou unhas breves indicacións moi básicas e logo xa comento principalmente algunhas conclusións e informacións que eu considerei importantes na miña experiencia.

Hai moitos puntos que darían para un vídeo en si mesmos, charlas e debates, pero só trato de dar unhas pinceladas sobre diversos aspectos que considero importantes no rol.

Aclaración: na sección de límites a trasfondos esquecín dicir que poden, de acordo a ambientación, pois non existir determinadas razas ou teren que ser as personaxes dunha clase social ou formar tarde dun grupo determinado e habería que darlles estas indicacións e a información pertinente.

Oír en Podcast iVoox

Seccións:

  • 00:23 Prepartida: organizar a partida, información
  • 03:33 Cómo xogar a rol
  • 08:01 Cómo dirixir rol: información básica
  • 11:07 Dirixir aventuras prexeneradas
  • 15:52 Dirixir aventura propia
  • 20:55 Dirixindo a aventura (durante a partida)
  • 24:15 NPCs (Personaxes non xogadoras)
  • 27:52 Dudas Narrativas: relevancia NPCs, fomentar a interpretación, consecuencias, guiar ó grupo
  • 36:12 Crear/Desenvolver tramas. Cómo organizo a aventura
  • 45:05 Preparar aventura e grupo
  • 46:38 Evolución e fusión de tramas e sucesos
  • 48:12 Recursos (plataformas) que emprego para/na dirección
  • 51:20 Grazas

Recursos comentados:

Agardo que vos sexa útil!!

D&D 5e. Máster. Ferramentas. Galego, Español, English.

Listado de recursos que poden ser de utilidade para másteres de D&D 5e.

A idea é que vaia crecendo.

Entrada: Máster. Ferramentas xenéricas.

Nivel20: Fichas e Taboleiro 3D

Aplicación web gratuita en español con rexistro de combate e taboleiro. É unha aplicación que emprego sempre para xogar a D&D 5e polo que irei creando entradas sobre cómo empregalo. Twitter. Eu tamén podo botarvos un cable, se precisarades algo en relación á plataforma ou tiverades algunha dúbida. Os creadores son unhas persoas moi amables.

Información y apoyos Nivel20.

Outros taboleiros son: Foundry VTT, Roll20, Fantasy Ground Unity, D20 Pro, Owlbear Rodeo, Arkenforge, MapTool, EncounterPlus.

💙 Ficha en PDF editable en galego

👩‍🏫 Ficha explicada de D&D5e (Orca)

🐕 Nivel20. D&D 5e. Fichas Apoio: mascotas, transformacións, airship... de Lamia

🗺️Mapa Interativo dos Reinos Esquecidos

Este mapa é moi útil para identificar diferentes ubicacións, algo de información sobre elas e calcular distancias entre vrios puntos.

Mapa estático grande

LoreMaps

 

Recursos con outras funcionalidades

🦘 Jumping Calculator

Calculadora de distancias de salto

🔮 Spell Slots Multiclassing Calculator

Calculadora de espacios de conxuro ante multiclase con clases máxicas (asume que artífice é unha clase semi – máxica)

⛏️ Xeradores de material

👺 Monsters Know What They’re Doing

Directrices e guía para o manexo intelixente de diferentes monstros e criaturas de acordo á súa natureza e rasgos. Existen tamén manuais á venda.

🗒 Modelos de Fichas de personaxe

Class Character Sheets

📈 Seguemento Combate

Party Tracking Sheets

🔖 Preparación e seguemento de partidas

D&D Game Prep & Log

🐼 Material Apoio Druidas

Hoja de referencia forma salvaje

Formas Salvaxes de Druida con engadidos de novos manuais de ACronimo

Espíritu de Lume Salvaxe para Druidas de Lume Salvaxe. Ficha Nivel20 de Lamia.

🎲 Táboas aleatorias

Conxuro: Conxurar animais

📦 Recursos con diferentes funcionalidades

🧰 Outros Recursos

💬 Glosario Traducciones D&D Inglés – Español

Conjuros, Objetos mágicos y equipo, Razas & Monstruos, Otros

Lista de nombres en ingles con su contrapartida en español para criaturas de D&D 5e

🎒 Listado de aventuras

🏘 Regras caseiras caseiras opcionais e complementarias ás oficiais

The 5e Guide to Sex

Ecos_de_Ydrill-Sueños_de_Batalla-Panoplia-de-aventurero-por_Gavros_Nocta.pdf [armas extra]

Practical Guide to Mounted Combat

Reglas de creación de Conjuros

The Combat Wheelchair v3.0 (2021) de A Dislocating DM

The Griffon’s Saddlebag: obxectos máxicos

Máster. Ferramentas. Galego, Español, English.

Listado de recursos que poden ser de utilidade para másteres de diferentes sistemas de rol. A idea é que vaia crecendo.

Nivel20: Fichas e Taboleiro 3D

Aplicación web gratuita en español con rexistro de combate e taboleiro. O taboleiro permite o seu uso mesmamente para reproducir unha partida de xadrez en 3D; ademais ten en futuros desenvolvementos a creación de ficha flexibles e adaptables a diferentes sistemas.

Outros taboleiros son: Foundry VTT, Roll20, Fantasy Ground Unity, D20 Pro, Owlbear Rodeo, Arkenforge, MapTool, EncounterPlus, Fari.

Aplicación de mensaxería

Discord, Guilded, Slack. Aplicacións para organizar servidores con diferentes canles nas que se pode distribuir a información e organizar as partidas, ademais de facer conexións por audio e vídeo. Bots Discord.

Telegram, Whatsapp. Ferramentas coñecidas nas que hai unha canle única para manter a comunicación.

Dados

Dadiños!: sala para lanzamentos de dados visibles a todo o grupo

Música

Syrinscape

Música Sen Dereitos para Partidas

Watch2Gether: web de sala compartida para usar música en partidas

Imaxes

Role Arts: ayudas visuales para partidas de rol

Artbreeder : creación de retratos de personaxes

Gestións de campañas

Worldanvil

bibisco

Notion **(Enlace explicativo pendente de creación)

Kanka

Calendario

Fantasy Calendar

Calculadora de Experiencia de creación propia.

Outros Recursos

2-Minute Tabletop: sitio web dedicado á mellora os taboleiros con diferentes recursos

draw.chat: pizarra compartida de debuxo

miro: pizarra colaborativa virtual

canva: creación de material visual e documentos

Thingiverse: miniaturas 3D

remove.bg: eliminar fondo de imaxes

Orca: axudas de xogo

Repositorios e aplicacións de creación de mapas de combate e grella

**(Enlace pendente de creación)

D&D 5e. Regras Caseiras Propias sobre Sistema e Ambientación. Meu estilo de xogo. Galego.

As normas caseiras son normas que se implementan nas mesas para mellorar a experiencia adaptando os sistemas en favor dunha maior axilidade, facilidade ou preferencias de máster e grupo nunha mesa.

Persoalmente non acostumo implementar moitas normas caseiras porque non considero que coñeza o suficiente o sistema como para facer certos cambios e calibrar os seus efectos no sistema; para a ambientación tómome máis liberdades.

Regras propias sistema

Dano crítico asegurado

En demasiadas ocasións pasa que a alegría de obter un ataque crítico esvaécese cando os datos sacan un resultado total inferior a un ataque normal. Para evitar isto, sobre todo en niveis baixos que é onde é máis probable que isto pase, aplico a seguinte norma:

O ataque crítico das normas oficiais implica lanzar o dobre de datos e sumar unha vez os modificadores. O meu cambio simplemente é asegurar que un deses datos sexa máximo automático (non se lanza), só un, o primeiro base da arma; así por exemplo temos:

Crítico usando el conjuro de fuego:

– Regras oficiales: 2d10

– Regra propia: 1d10+10

Crítico usando unha arma de 2d6 tendo +2 de FORza:

– Regras oficiales: 4d6+2

– Regra propia: 3d6+6+2

Cando se lanzan maior cantidade de dados é menos probable que o resultado sexa moi baixo (non é o mesmo obter dous resultados de un tirando dous dados, que obter cinco resusltados de un tirando cinco dados, xa que a tendencia é a media) pero con poucos dados é máis probable un baixo resultado que lanzando moitos, por esta razón estou aplicando só un dado extra que é o que asegura un efecto crítico, sobre todo en baixos niveis.

Norma oficial descoñecida

Moitas veces no medio da partida faise algunha consulta ou proposición de aplicación dun rasgo, habilidade, conxuro… da que non temos a seguridade de cómo funciona. O habitual é que opte polo que me pareza máis coherente e non deteña a partida para comprobalo; posteriormente, se me acordo, búscoo e comezo a aplicala como debería ter sido (ou igual se xa o estaba a facer ben ou me parece máis coherente).

Obxectos máxicos

Os obxectos máxicos en demasiadas ocasións provocan desbalanceos, por esta razón non os emprego moito. A maioría teñen fins narrativos e os restantes trato de engadirlles un contrapeso, é dicir, a posibilidade de que rompa ó usala (non só ó gastar a última carga), que o seu uso implique algunha desvantaxe ou non lles resulte apetecible. Os obxectos que só dan beneficios e, por tanto, van levarse sempre estando activos, é un extra que desequilibra e non me gusta.

Flanqueo

Emprego a regra opcional do manual de máster.

Multiclase

A multiclase estará permitida se ten coherencia coa historia e avance da personaxe.

Creación de Personaxe

O reparto das puntuacións de característica será cos valores prefixados 8, 10, 12, 13, 14, 15 (ou coa compra de puntos nalgúns casos acordándoo coa máster) pero non con tiradas de dados xa que poden provocar graves e innecesarios desequilibrios entre as personaxes.

Normas propias ambientacións

Sexo e identidade de xénero

A menos que unha personaxe non xogadora (NPC) precise ser dun sexo (ou me apeteza), tiro os dados para determinar o seu xénero e identidade de xénero. Tamén o fago así en módulos oficiais sobre NPCs que veñen xa na aventura.

Cómo o fago? Tiro un dado, par – muller, impar home. No caso de sair 20 ou 1, comecei a implementar transexuais, aínda que durante as interacións na aventura, ata día de hoxe ningún grupo o notou porque está integradas con total normalidade na ambientación e non é un tema que saise. Teño pensado integrar tamén persoas non binarias e, pouco a pouco, ir acollendo máis realidades. O meu obxectivo é facelo dende o respecto e tratando de ser consciente da súa importancia.

Qué efectos ten? Este cambio non só implica unha tendencia 50%-50% da representación de mulleres e homes senón que, ó facelo sobre módulos oficiais ou despois de crear ás personaxes, moitas veces se rompen estereotipos puidendo saír unha personalidade (por poñer un exemplo) que, por sesgos, non teriamos dado a unha persoa dese xénero.

Orientación sexual

A presuposición, a asunción por defecto dos e das habitantes dos meus xogos (salvo en aventuras nas que puidera ser relevante por algunha razón) é que toda persoa coa que se atopan é bisexual ou pansexual. Isto implica que non se estranarán, nin discriminarán a ninguén por estaren cunha muller, cun home, con ninguén, con calquera xénero ou incluso tendo varias parellas se estas o son así libremente.

Isto obviamente implica aceptación e tolerancia. Ademais, os efectos da norma previa, fan posible que xurdan parellas do mesmo e diferente sexo coa mesma probabilidade.

Non abusos sexuais

Nas miñas partidas pode haber relacións amorosas ou sexuais voluntarias, pero non se aceptan os abusos. Por desgracia é unha experiencia que moitas persoas viviron e/ou poden ter presente, sobre todo as mulleres polo que non teño intención de que teñan que revivir esa sensación tamén nun xogo ó que se vaia desconectar e pasalo ben (ou “mal” pero noutros sentidos).

Prexuizos

Na liña do anterior e, a menos que sexa relevante na trama por algunha razón, evito a discriminación ós colectivos dos que podo ser consciente como, ademais dos citados, seren muller, por exemplo.

Intento ofrecer un entorno libre destas discriminacións aínda que non libre de retos, persoas desprezables e conflitos que o grupo terá que afrontar.

O meu estilo de dirección

Aquí comento un pouco o meu estilo para quen teña interese en xogar comigo saiba qué pode agardarse e qué non, se podemos ser compatibles.

Estilo narrativo

O que me gusta do rol é ver cómo se desenvolven as historias, as tramas, a evolución persoal das personaxes, as súas decisións…

Equilibrio combate – narrativa – mazmorra – investigación

Gústame a narrativa e considero que os combates e as mazmorras forman parte das historias e disfruto da presencia destes elementos.

Teño dirixido aventuras puramente de mazmorras e sinto que son bastantes sosas para o meu gusto, pero dentro dunha aventura e fío maior as desfruto.

Optimización, min-maxing, munchkin

Xogar buscando a combinación máis potente, preparar a ficha para facer o maior dano posible, centrarse só nas mecánicas e non na historia son modos de xogo que non me gustan e non disfruto, disfruto personaxes que crezan e se adapten ó que van vivindo na historia, non que a ignoren que collan só o que fai máis dano. Non sería unha máster coa que desfrutaría alguén con estes gustos.

Humor

Non son unha persoa que teña interese nas comedias e, na mesma liña, tampouco me atraen as aventuras enfocadas a que os nomes sexan graciosos, a, digamos, buscar o humor, as burlas ou as gracias constantes. Eu prefiro xogar “en serio”, iso non quita que haxa bromas que saen durante a partida (ou nalgún caso sexan unha constante xD) e a dinámica do grupo vaia nesa dirección e as desfrute como o resto. Poden xurdir e son benvidas pero non son o tipo de aventuras que deberiades agardar xogando comigo.

Respecto

Por riba de todo, somos persoas e debemos respectarnos durante a partida e procurar non confundir persoa con personaxe. Non cuestionar as decisións de cada membro do grupo sobre a interpretación das súas personaxes, nin valorar se alguén “xoga mal”. Tratar de comunicarse mediante a asertividade.

Metacomunicar

Evitar usar información que se coñece como membros da mesa como se a souberan as personaxes.

Ausencias

O habitual se falta unha persoa e hai un grupo de 4 personas dispoñibles e con ganas de xogar é que xogue aínda coa ausencia desa persoas. Obviamente cada situación é un mundo e dependerá das razóns, do estado da aventura, da personaxe… pero o habitual é que fale coa persoa sobre qué faría a súa personaxe e xoguemos o resto igual ou, se é con tempo, ofrecer un one-shot como alternativa.

Campañas longas con múltiples tramas (campañas longas, de verdade)

Debido ó meu interese na narrativa, animo a facer trasfondos elaborados (con apoio pola miña parte, presencia de NPCs, motivacións…) e ademais van aparecendo sempre novas tramas non intencionais ó ir xogando que derivarán en cambios na historia, novos capítulos… tamén disfruto de ver ó grupo rolear, debatir… co que quen xoga comigo debe telo en conta se se apunta porque posiblemente serán máis sesións das que pensa. Poño exemplos, aínda que claramente dependerá de cada grupo.

Mina de Phandelver (meu primeiro grupo): 30+ sesións de 6+ horas

Cidadela Sombría: +-15 sesións de +- horas

D&D 5e – Harry Potter: Nathair’s Curse, and the Mystery of the Second Wand. Extra Material. English.

Partida moi simple de Harry Potter que pode dirixirse a todas as idades, incluindo peques.

Non atopei a fonte orixinal para poder poñer o enlace, pero aquí deixo o enlace ó PDF, sendo o autor David ng.

Adventure link, by David ng

Adaptación

Cando eu a dirixín pareceume bastante decepcionante o final, así que engadín un pequeno cambio na historia. Ese cambio non altera os sucesos, senón o desenlace.

Engadín a seguinte nota ó final:

comezan a sentir cómo se desprazan, cómo se afastan dese mundo máxico e cando o fan, atopan a seguinte nota.

Era o cumpreanos dunha das xogadoras así que a intención de que pechasen os ollos era deixarlles diante un agasallo… neste caso unha snicht dourada, feita con ganchillo. Deixo o patrón por se a alguén lle interesa, pero obviamente poderiades non darlles nada ou outro tipo de sorpresa.

Patrón de LA GRIFFE DE GHEXIA

Música Sen Copyright Para partidas de Rol – Music without Copyright. English

Revise the Copyright before using any video/song. This post could be not updated in the moment you use them.

Recopilatoria de Música libre de dereitos de autor do CIFP Manuel Antonio

Audio Library — Music for content creators

⚠️ You’re free to use this song in any of your YouTube videos, but you MUST include the attribution in your video description (Copy & Paste).

Gringo Music

Music marked [No Copyright Music] has NO COPYRIGHT and NO ATTRIBUTION license and can be monetized on youtube platform. Please download and use it to enhance your work.

Music Restored – Music for Content Creators

You’re free to use this song in your videos and monetize as well but you must include the attribution in your video description: (Copy & Paste).

Awan Biru Music

Awan Biru Music Creative Commons Music is No Copyright Music, free download music, and royalty free music for content creator or YouTubers. All music can be use and get YouTube monetization, but just make sure to credit to the artist.

FilmMusicIo, IncompeTech

Use music for free with attribution or buy once and use forever: Buy lifelong (!) valid licenses and use it whereever and whenever you want. The licenses even apply to the creation of projects for third parties.

Ambient Mixer

Listen to free audio atmospheres. Mix your own ambient sound online.

Tabletop Audio

Original, 10 minute ambiences and music for your games and stories. Friends, Tabletop Audio is 100% Advertising Free. Please consider

FreeSound

Freesound is a collaborative database of Creative Commons Licensed sounds. Browse, download and share sounds.

FMA – FreeMusicArchive

The Free Music Archive offers free downloads under Creative Commons and other licenses. We also offer a very large repository of free birthday songs you can use in your projects.

SoundBible

SoundBible.com has thousands of free sound effects for everyone. Browse our extensive sound library and pick and choose the sounds you want.

Sonniss

Each year we give away thousands of dollars worth of sound effects for free in celebration of the Game Developers Conference. This is our archive. Everything is royalty-free and commercially usable. No attribution is required and you can use them on an unlimited number of projects.

Sword Coast Soundscapes

© Sword Coast Soundscapes – 2021. All rights reserved. If you want to use these soundscapes in live streams or podcasts then just drop me channel a mention and perhaps a link to it. If you want to use it for something else, drop me a message, you’ll find I’m quite accommodating.

Vindsvept, fantasy music

All of my material is under a CC BY 4.0 License.

BreakingCopyright — Royalty Free Music

The channel where you’ll find free royalty free music for videos.

SoundCloud

Welcome to the Adventure Music SoundCloud page. We compose original music for tabletop games. Our track list is growing and growing! Check out our music on Patreon and all places music is streamed.

Free Stock Music

Creative Commons Attribution 3.0 Unported License

Proud Music Library

Production music for licensing for commercial use

Esencia Gótica

Música de terror, sin derechos de autor. No tiene copyright y sois libres de utilizarla.

Especial agradecemento a Tisza por darme a coñecer a maioría destes recursos.

D&D 5e – Resumo Normas. Galego

Breve resumo dalgunhas das normas básicas de D&D 5e.

Están copiadas dos textos que lles paso ós meus grupos, por se notades que algo parece fóra de contexto. Se me avisades, corríxoo.

Imaxes de Crash Box Time: Monster, Magic and Mystery

Crear Personaxe

– Escoller clase

– Escoller raza

– Distribuir os puntos de características sen riscos, asignar 8,10,12,13,14,15 ás diferentes características

– Escoller transfondo (o voso pasado)

– Escoller equipamento entre as opcións que trae a propia clase

– Escoller alineamento ( digamos se defendemos o ben ou o mal e se somos ou non de fiar)

– Darlle personalidade e obxectivos na vida (pode ser algo básico como unha vinganza ou algo más elaborado)

Sí, hai mellores e peores combinacións de raza/clase. E as puntuacións en característica deberían asignarse en base á clase.

Vídeo Personaxes Detallado

Linguaxes

Linguaxes básicas:

– común

– anano

– élfico

– xigante

– gnomo

– goblin

– orco

– mediano (hobbit)

– orco

Linguaxes exóticas:

– abysal (demos dos infernos)

– celestial

– fala profunda? (roio telepatía)

– dracónico

– infernal (seres con sangue demoníaca)

– primordial (elementais)

– silvano (seres féericos e dos bosques)

– infracomún (seres que viven desprazados como drows, elfas escuras)

* Se colledes unha linguaxe exótica estaría ben indicar na historia da persoaxe cómo foi a menos que sexa moi obvio.

Combate

Cada combate dura aproximadamente un minuto, cada quenda estímase en 6 segundos.

Cando se inicia un combate o primeiro é tirar iniciativa por parte de cada partipante. Un dado de 20 e se suma (ou resta) a iniciativa (a destreza básicamente).

Quen teñen a iniciativa máis alta comeza e así alternativamente.

En cada turno hai unha acción de movemento, serán máximo tantas casillas como velocidad/5 teñades na ficha. A base é 30, polo que 6 casillas de 5 pés cada unha. Podedes movernos 2 casillas, facer algo e logo camiñar o resto de casillas.

Tedes outra acción máis na que podedes desbloquear, ocultarvos ou o habitual: atacar. Ataques non máxicos teñen un rango, se melee pois tedes que estar na casilla colindante e se é a distancia ou cun maior rango xa volo indican.

Hai ataques que poden ter efectos extra como derribar, asustar, etc.

Se un grupo vai en sixilo e o outro non o detecta, as criaturas que sexan sorprendidas non podería atacar na primeira quenda, polo demais todo igual.

Vídeo Combate Resumido

Vídeo Combate Detallado

Ataque Físico

1. Faríase unha tirada de ataque: tirar o dado de 20 e sumar (ou restar) o bonus de ataque coa arma que teñades equipada (en equipo o bonus está en “Para golpear”). Se coa tirada superades a CA, armadura do obxectivo, entón golpeades. Se golpeades:

2. Tirada de dano. Neste caso tirades o dado que corresponda á arma (que será usando a vosa destreza ou forza); na ficha, en equipo, ven como dano. Por exemplo é 1d4+2 cortante, un dado de 4 e lle sumades como dano o +2 que sera igualmente o dano por forza ou destreza. Ese será o dano que sufrirá. Hai vulnerabilidades, inmunidades e resistencias polo que o tipo de dano, neste caso, cortante, poderá facer máis, nulo ou menos dano a segundo qué rival.

Ataque Máxico

Hai dous tipos: de ataque e de “contra”, ademais de outros de efectos.

– Os de ataque funcionarían como os ataques físicos, quen lanza o feitizo tira o dado e suma o bonus de ataque (aparece la pesta de libro de conxuros e vai pola característica alí indicada, carisma, intelixencia…). E logo terá os efectos ou cantidade de dano indicada no feitizo.

– Os ataques de contra fan que teña que tirar o obxectivo, por exemplo se é un conxuro que crea unha rede para atrapar, a víctima terá a oportunidade de tratar de esquivalo e, tamén na sección de libro de conxuros, aparece a tirada de salvación que terá que facer de base, pola mesma característica na que se especializa quen lanza o feitizo. Outros meigallos poden especificar outra característa específica. Se non o esquiva, sufrirá as consecuencias de dano, atrapamento, envelenamento… Hai ataques de dano que poden funcionar así, no caso de que o obxectivo esquive, seguiría recibindo dano pero só a metade.

Hai maxias tamén para ocultar o propio aspecto, falar con animais, crear comida, curacións, etc.

Ollo na duración das maxias. Un efecto que poña que dura un minuto, probablemente dure todo o combate (6 segundos cada quenda).

IMPORTANTE. Os feitizos que poñer que requiren concentración:

– Só se pode ter un activo á vez

– Se unha criatura concentrada nun meigallo recibe dano físico ten que facer unha tirada de salvación de constitución. Se falla, perde a concentración e o feitizo desaparece.

Como se consegue a experiencia

Digamos que o máis obxectivo é por monstro derrotado. Cada monstro ten unha dificultade asignada e se dividiría entre cada membro do grupo que intervén. Esa é a que uso eminentemente.

Logo hai outros modos que poden dar experiencia como cumprir unha misión, anular unha trampa, resolver un crebacabezas… pero isto paréceme máis subxectivo porque por exemplo, desactivar trampas é unha habilidade máis sinxela para unhas clases que para outras e non me parece xusto que por cuestión de de clase se gañe máis experiencia, así que a miña tendencia sería a dividilo entre todo o grupo.

Hai másteres que optan por dar subidas de niveis sen ter en conta a experiencia, senón que o fan ó chegar a determinadas partes da historia.

Pasádeo ben e sorte nos dados!!

Galicia Rolera – Rolsticio de Inverno / La Fortaleza + Draco – Winterol (Helveczia)

Eventos de rol da terriña!!!

Para despedir o ano temos partidas en (gl) galego e (es) español… en modalidade online con Galicia Rolera e tamén presenciais en A Coruña con La Fortaleza e Asociación Draco!!

Apurade a apuntarvos que as prazas voan!!

 

Rolsticio de Inverno

 

As inscricións ábrense o venres 17 ás 21h en:

Servidor de Galicia Rolera onde APUNTARSE e XOGAR as partidas

🌊 El obsequio del mar [Vaesen] – Martes 21 – Zeryl

🎄 Christmas Carol [Ratas nas Paredes] – Xoves 23 – Jes

🥮 Navidad, negra Navidad [Blacksad] – Venres 24 – Nit

⌛ En las Arenas del Desierto [Savage Worlds] – Sábado 25 ¿+1?- Barthuin

🛷 Asalto al trineo [Savage Worlds] – Luns 27 – Fian

🛩️ Pashkovskaya Nocturna [Brujas de la Noche] – Martes 28 – Zupe

🐍 Un traslado accidentado [Ryuutama] – Mércores 29 – Ale

✨ Nieve silenciosa [Los secretos del mundo mágico (FATE)] – Xoves 30 – Menta

🎎 Sentou Udewa [D6, caseiro] – Venres 31 – Nitta

🎭 Hikikimori [Kult: Divinidad perdida] – Sábado 01 – Lyz

🏫 No debemos olvidar la víspera de Navidad [Escalofrío/ PbtA modificado] – Domingo 02 – Kaede

Winterol

Xornadas da man de La Fortaleza (tenda de wargames) e a Asociación Draco en A Coruña, con partidas presenciais, incluida unha partida de Helveczia de Outremer Edicion.

Formulario para apuntarse!

Pásadeo ben!!

Sorte cos dados!!!

D&D 5e – Cómo xogar? [2 Vídeos] Mundo – Personaxes – Combate – Maxia – Recomendacións

D&D é un dos sistemas de rol máis coñecidos. A súa quinta edición tivo moi boa acollida (foi coa que comecei a xogar).

De man da máster pode comezar a xogarse sen maior problema, tendo un encontro para facer a ficha e ir aprendendo a xogar sobre a marcha, pero se alguén ten interese en ver un vídeo sobre as normas ou simplemente para repasar ou por puro entretemento, aquí deixo un par.

Ademais se queredes mercar o Manual de Xogador/a, aquí vos deixo un enlace á paxina da tenda de Nivel20.

Antes de nada… desculpas por non seren quen de facer vídeos breves!!

Trato de explicar un pouco as normas básicas para xogar a D&D, poñendo algúns exemplos.

Vídeo 1/2. Ambientación e Personaxes

Vídeo para coñecer un pouco o mundo de D&D5e; personaxes e entender os distintos elementos da ficha, cómo crealas.

Mundo

Consigue a ficha editable en galego

Vídeo 2/2. Combate, Maxia e Recomendacións

Vídeo para coñecer o combate e as maxias de D&D. Tamén comento algunhas recomendacións ó final.

Resumo escrito das normas. Galego