Sesión 27. Traballando para a pasma – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión Sesión 27. Traballando para a pasma – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

— Perspectiva de Silge

O grupo atópase no distrito sur do surco, fogar do clan de xigantes Cairngorm. Hgraam agradece a axuda prestada ó seu compañeiro Dorhun detendo o seu ataque de loucura. Kanelitak comenta que o grupo foi falsamente acusado e que foron testigos de comportamentos extraños na cidade que é algo que deberían investigar. Hgramm responde cunhas verbas un tanto crípticas que din algo similar ó seguinte: “Algo malvado se move na infraescuridade. A rocha grita de medo e de dor. Unha cova con dúas caras. rocha devorada e cuberta de vexetación. Os túneles sacúdense con furia.” Kanelitah pregunta por Neverlight Grove ó que hgraam comenta que é fogar de micónidos. Despois da charla, Hgraam avisa ó grupo de que é necesario que teñan unha conversa con Errde Blackskull, membro da garda da cidade para aclarar o sucedido e que tras esa charla o grupo se pode hospedar nas súas covas ata recuperarse completamente.

Dorhun ofrécenos o cristal de portavoz da rocha como recompensa pola nosa axuda. Unha primeira inspección ó cristal revela que procede de Gravenhollow, a librería mística da infraescuridade e que se trata dunha das bibliotecas máis grandes de todo Faerûn. Atópase ó noreste de Gracklstugh. O cristal está repleto de maxia de conxuración e adiviñación e Dorhun dinos que foi creado na librería, lugar onde o seu poder será maior. A biblioteca, que está xestionada por xigantes, contén salas ás que o cristal está vinculado. Nesas salas, coñecidas como do pasado, presente e futuro, o portador do obxecto pode ter certas visions. Ademáis, o cristal dará ó seu portador habilidades relacionadas coa fala e vantaxe en investigacións.

Aproveitando a situación de tranquilidade o grupo solicita a Hgraam que lles permita facer un descanso curto na súa cova ó que ela responde creando un pequeno recuncho con rochas para maior initmidade. Finalizado o descanso o grupo enfróntase ó interrogatorio de Errde Blackskull. A comandante da garda de pedra, comenta que ainda que a meirande parte dos Duergar vendería a calquera estranxeiro sen pestanexar, ela aprendeu que é mellor sacar partido de viaxeiros en lugar de simplemente desfacerse deles. Errde comenta que sospeita que nas súas filas hai corrupción. Di que a cambio de traballar para ela o grupo pode desfrutar de protección e tranquilidade en Gracklstugh. A oferta é a seguinte: 600 pezas de ouro para gastar no bazar en armas armaduras, pocións e pergaminos a cambio de aportar probas da corrupción dentro da garda da cidade.

Hai unha Derro chamada Droki moi escurridiza que ten distintas goridas no distrito do lago e sempre consegue escapar dos gardas e evitar ás patrullas invisibles. Vive no distrito da Greta onde os Duergar só poden entrar pola forza. O cometido do grupo é averiguar o paradoiro desda Derro ou ben capturala. No caso de conseguir eliminala, o grupo deberá obter probas da súa culpabilidade e conexión coa corrupción e cunha conspiración contra o goberno da cidade, o Rei Profundo. Droki leva un obxecto máxico, unhas botas ou sandalias que lle permiten desprazarse a gran velocidade. Errde prorpocina ó grupo unhas insignias que representan a súa colaboración coa garda e que permitirán, en caso de precisalo, xustificar a súa presenza na cidade ante a garda.

De volta na cova de Hgraam o grupo fai un descanso completo e parte cara ó bazar das espadas para comezar a busca de Droki. De camiño o bazar, Ragnar reúnese con Farlee e informaa de que Hemez está alí. Coa axuda de Ragnar, o grupo atopa a Hemez de compras xunto coa Duergar que escapou de Farlee nos túneles. Hemez pregunta no bazar polo sombrío. Kanelitah decide seguir a Hemez pola súa conta e indica ó resto do grupo que se reunirán máis adiante cando consiga saldar pechar os temas que ten pendentes co Duergar. Kanelitah segue a Hemez ata que chega a unha tenda de botes na que paga unhas poucas moedas de ouro ó mercader. Afastase do Bazar e achégase a outra tenda na que merca provisións. Kanelitah abordao nunha estreita rúa e el propón un intercambio. Ofrece información sobre Darsi a cambio de esquecer a súa traizón. Kanelitah acepta e Hemez entrega un mapa onde indica que en Blindstone, ó nordeste atópase o ultimo lugar no que se tivo información de Darsi e máis do Sombrío. Hemez avisa a Kanelitah de que se vai ir na busca de Darsi debería falar con Ylsa Henstak no bazar das espadas xa que rexenta unha tenda de caravanas e pode aportar información dos lugares seguros polos que moverse.

Seguindo a Droki o grupo observa como fai un intercambio cun dos mercaderes, como se lle estivera a pasar un papel. Dirixese cara ó sur, en dirección ó surco. Breina segue o rastro de Droki e consegue percibir como se adentra nos túneles ó oeste do surco. O grupo agarda a volta de Kanelitah e decide entón adentrarse nos túneles. O primeiro que atopan é un estreito corredor, unha caverna que descende en espiral con zonas púrpuras de Faerzress. O aire ten un sabor e cheiro metálico… Comeza unha nova aventura!!!

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *