Sesión 37. Fobia ás arañas? – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión Sesión 36. Fobia ás arañas? – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

— Perspectiva de Oroko

Despois de moito pensar (ou algo así) decidimos avanzar. Oroko vai de primeiro con todo o seu sixilo cando se atopa cunha araña, coa raíña das arañas. É consciente de que está alerta pero tamén de que aínda non se decatou de que el está alí. A súa sorte cambiou coa intervención de Farlee: decidíu achegarse, a araña espabilou e tentou capturar a Oroko coa súa tea. Tivo sorte, fallou e deulle tempo de avisar a Silge empregando a súa conexión mental do que estaba a pasar.

Comeza unha loita contra a araña na que están inmersos Oroko, os seres de pernas longas e Flumpy… que é atacado e acaba inmóbil na boca da araña. Oroko consegue provocarlle un ataque de risa e que o solte… ó tempo que o Faerznes provoca a desaparición de Oroko.

Farlee segue sen entender moi ben que ese brillo que nos rodea é perigoso e lanza un feitizo. Tampouco entende que se non ve é complicado apuntar e falla. Iso si, consegue que a consecuencia da súa maxia sexa a aparición dunha arma espiritual que non pode ver pero si sentir.

Silge lanza un conxuro de salvación sobre Flumpy que deixa de estar vermello para coller unha cor rosadiña monísima… e o Faerznes fai a súa parte e éncheo de confianza: Silge nunca se sentira máis afortunado ca nese momento.

Mentres a araña segue rindo, atacámola. Oroko anda por aí, non molesta porque é intanxible e, sobre todo, inaudible que é o mellor que pode pasar con el. É unha especie de pantasma que pode coller a espada espiritual que fixo aparecer Farlee e ataca con ela.

Farlee volve lanzarlle un feitizo á araña e consegue que deixe de rir… mentres ela se volve tan brillante que cega a calquera que estea ó seu arredor.

Atacamos unha e outra vez das formas máis variopintas pero o puñetero bicho non quere morrer. Decidimos fuxir, a dignidade xa hai moito que quedou atrás. Retrocedemos, desfacemos arañeiras e, mentres recuamos Silge dispáralle cunha ballesta cargada con toda a súa boa fortuna… e por efecto do Faerznes tamén desaparece.

Oroko chega á bifurcación que hai diante de Farlee e tenta percibir se hai ou non movemento de arañas. Nota que se achegan tanto por ese camiño coma polo que estabamos antes. Tomamos a decisión de coller polo camiño que se abre á dereita de Farlee e despois dun anaco acabamos chegando á zona onde nos puxeramos a vomitar ata a primeira papilla. Quizais animado por ese agradable entorno, Oroko reaparece ó tempo que a espada espiritual se esvaece. Hai moitos fungos e decidimos recoller os que nos permiten diminuír e medrar.

Silge reaparece no mesmo lugar no que desaparecera… pero non ve as nosas pegadas. Comeza a avanzar tentando atoparnos.

Reanudamos o noso camiño e Oroko vaille deixando mensaxes nas paredes a Silge para que poida localizarnos. Aproveitamos tamén para descansar.

Silge aparece nun túnel que non identifica e bate cunha derro que lle di “deja a Droki pasar” mentres se bota a correr. Tenta seguila pero é demasiado rápida, leva unhas botas máxicas que comezan a brillar e fan que vaia aínda máis depresa. Silge lánzalle unha marca de cazador para seguila maxicamente.

Tenta seguila quedándose cos túneles polos que van e acaba por chegar a unha zona na que hai sons extraños e moito frenesí… polo que se despista de Droki e se centra no entorno. Nota que hai un vento que tenta levantalo. O teito da caverna está moi alto, intúeo porque non chega a velo. No centro hai unha plataforma elevada, é unha meseta na que hai uns escalóns ou rampa que soben e de arriba chegan uns ruidiños.

Deixa de seguir a Droki cando se decata de que se meteu por un túnel moi pequeno polo que el non colle. Así que dá marcha a atrás e tenta chegar onde estamos o resto, coa sorte de atopar a Ragnar que o guía ó noso encontro, conseguindo chegar á carreira fuxindo das arañas e axudado polas mensaxes que lle deixara Oroko nas paredes. Silge saltara no tempo un minuto cara á adiante, aparecendo no lugar no que debería ter estado no caso de ter vivido ese minuto.

Entre Silge e Oroko tentan reconstruír o camiño seguido polos túneles, chegando a un acordo sobre onde está o lugar ó que foi. Silge descríbelle a Farlee as botas que levaba a derro para ver se ela sabe que son… e di que son unhas botas máxicas de velocidade.

Iso igual tamén o podiamos intuír os demais.

Aproveitando que Droki segue tendo enriba a marca de cazador, imos tentar atopala porque é o que temos que facer. Kanelitah quere atopala para facerlle a pelota á “cachonda da garda”.

Cada quen cos seus obxectivos.

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Leave a Comment

Comments

No comments yet. Why don’t you start the discussion?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *