Sesión 36. Un rescate fallido – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

E quén veñen sendo estas personaxes

(Detalle do grupo de personaxes)

Sesión Sesión 35. Un rescate fallido – Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do Abismo.

— Perspectiva de Silge

Volvemos polos túneles ata onde deixamos o ovo de dragón. Cando chegamos ó punto o ovo non está e vemos un claro rastro que nos indica cara a onde o levaron. Nestas circunstancias Farlee decide envíar a Ragnar a seguir o rastro na busca do ovo e ver quén é o responsable da súa desaparición. Despois dun bo anaco de voo e de tomar varios desvíos, Ragnar atopa unha xelatina especie de ser viscoso e dunha cor ocre que envolve ó ovo de dragón. O grupo indentifica á besta como unha Xelatina Ocre o que non parece un bo augurio para a supervivencia do bebé.

Despois de moito debatir sobre cal é a mellor decisión o grupo decide tentar rescatar ó ovo e enfrentarse á xelatina. Avanzan polos túneles seguindo o camiño trazado por Ragnar. Farlee toma a iniciativa guiando ó resto do grupo pero chegado o momento dase conta de que algo de cor mostaza lle está a gotear dende o teito. Cando alza a vista pode ver outra das xelatinas pegada no teito do túnel. Sen tempo para reaccionar unha nova Xelatina aparece pola dereita ó lado de Breina. Breina e Fango atacan a esta xelatina e conseguen dividila en dúas máis pequenas. Parece que este é o xeito de destruir a estas criaturas. Entre Silge e Jimjar rematan a una destas pequenas.

Kanelitah avanza para enfrontarse á xelatina que nese intre está absorvendo a Farlee. O grupo comeza entón a sentir a presión desfacerse destas criaturas o antes posible pois da súa precisión e velocidade dependen as súas vidas. Farlee consegue sacar unha das súas dagas e pegarlle un corte dende dentro á xelatina que remata por dividirse en dúas.

Pola súa banda Breina achégase a outro dos inimigos e ataca coa súa espada dividíndoa en dúas aínda máis pequenas. De súpeto Flumpy, un dos novos amiguiños de Oroko ponse de cor vermella, abre a boca e libera unha nube de cor verdoso que dalgún xeito envelena ó que estea ó seu redor, incluidas as xelatinas. Estas pequenas criaturas son unha caixa de sorpresas, diso non cabe dúbida.

Mentres tanto Fango, Breina, Silge e Jimjar rematan coas xelatinas da retagarda, libreando un pouco a presión sobre o grupo. Kanelitah saca a relucir os seus hábiles puños arreándolle ben duro á xelatina que ten presa a Farlee e deixandoa claramente danada. Gracias a isto Farlee consegue zafarse facendo uso da súa daga. Xa estamos máis preto do obxectivo

Flumpy achégase a unha das xelatinas e ataca cun dos seus zarcillos inflinxindo dano ácido. Que ainda que non afecta á xelatina é suficiente como para tumbala.

Kanelitah remata coa última das mini xelatinas que quedan e o grupo diríxese rápidamente a enfrontarse ó inimigo que ten ó ovo de dragón no seu poder. Farlee lanza os seus proxectís máxicos contra a criatura sentindo como efecto do Faerzress un efecto de bolboretas flores e cores bonitas ó seu redor. A escena é bastante cómixa e paradóxica, unha panorámica de morte e destrución entre restos de criaturas viscosas contrastado cunha bonita imaxe primaveral. Farlee style.

Kanelitah dase conta de que o ovo de dragón se está a disolver máis rápido do agardado e que non vai aguantar moito tempo máis. Ante a urxencia, Breina colle o seu arco, tensa a corda e lanza dous potentes frechazos que deixan á criatura ó borde da morte. Silge remata o trabalo cun simple virotazo.

O ovo está moi danado, e nunha primeira análise Oroko determina que está moi feble e ó borde da morte. Oroko lanza un conxuro de sanación que mellora o estado do ovo e por algunha razón Kanelitah parece estar bébeda… qué máis nos tes preparado, infraescuridade???

Farlee decide entón aplicarlle algo de lume ó chan ó redor do ovo para darlle calor sen moito efecto porque non hay material inflamable nos arredores. Entre Silge e Oroko idean un paquete feito co escudo de Eldeth, a rede de Shuushar e o bastón de Farlee para transportar o ovo.

O grupo para cara á zona das arañas e ó pasar pola cova onde asasinaron a Jo deciden facer un pequeno descanso. Chegado o momento de escalar, Kanelitah trepa polas rochas e ata unha corda para que o resto do grupo poidan subir. Oroko, Breina e Fango seguen os seus pasos gabeando pola corda.

Kanelitah detecta que ó outro lado do pasadizo está a araña raíña ó que Oroko responde cun susuros disonantes. Como efecto do Faerzess Oroko sente que gaña maxia recuperando algún dos slots gastados. Mentres Oroko e Breina fan un burato nas telarañas polo que poder avanzar, Farlee, Silge e Kanelitah encárganse de asegurar o ovo e comezar o seu ascenso. Por desgraza a maniobra non sae segundo o agardado. O ovo é demasiado voluminoso e pesado. O grupo non consegue elevalo de xeito seguro e o ovo acaba destrozado no chan.

Silge decide recoller os restos e envolvelos na rede de Shuushar para dedicir máis adiante qué facer con eles. Como mínimo servirán como proba de que algo raro se estaba a tramar dentro Gracklstugh.

NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

SarithBuppidoJimjarStoolHemezh

Ver o listado de sesións: Diario de Sesións – Furia Demoníaca

Leave a Comment

Comments

No comments yet. Why don’t you start the discussion?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *